Cacerolada contra a Moción de Censura en Gondomar
Publicado en Gondomar with tags Gondomar, Moción de Censura en 06/07/2009 por apeneiradovalminhorComunicado de Prensa da Oposición de Gondomar
Publicado en Gondomar with tags Gondomar, Moción de Censura en 06/07/2009 por apeneiradovalminhorOs plenos ordinarios de xuño e xullo
Os grupos da oposición de Gondomar manifestan ante os medios de comunicación o seu malestar ante o que consideran “a última perversión de Antonio Araúxo como alcalde”. Así, en relación aos plenos ordinarios celebrados esta semana, a oposición de Gondomar reafirma a súa postura e manifesta que “unha vez convocado un pleno extraordinario para o debate dunha moción de censura non ten sentido ningún convocar un pleno ordinario, e moito menos dous”. PP, PSOE e MoveGondomar recordan que o pleno celebrado onte, tíñase que ter celebrado o primeiro xoves do mes de xuño, e “non na mesma semana que o de xullo, sen convocar ningunha comisión informativa, tarde, mal e arrastro, seguindo a tónica xeral dos últimos anos”. En opinión da oposición estes plenos non son máis que “un teatrillo para que Antonio Araúxo exprima o seu victimismo ata o final”.
III Festival Folclórico Internacional de Nigrán
Publicado en Nigrán with tags III Festival Folclórico Internacional de Nigrán, Nigrán en 06/07/2009 por apeneiradovalminhorA Concellaría de Cultura que dirixe o nacionalista Anxo Valverde Pino, quere informar aos medios de comunicación social que dentro da Programación Cultural de Verán 2009 para o martes día 7 de Xullo está programado o III Festival Folclórico Internacional ás 22:00 horas no antigo Campo das Redes de Panxón, actual aparcadoiro fronte as pistas polideportivas.
Leer máis »
Programación Cultural Gondomar 2009
Publicado en Gondomar with tags Gondomar en 06/07/2009 por apeneiradovalminhorO venres 24 de Xullo na Praza da Alameda de Gondomar, ás 22.30 horas o Concello de Gondomar da inicio a súa programación de Cultura para este verán 2009
Despois de facer unha complicada selección para artellar unha programación cultural variada e aberta a tódolos públicos de Gondomar para este ano 2009; a Concelleira de Cultura Dna Fátima Rodríguez Areal presenta a unha programación cultural no Concello de Gondomar ampla e variada.
Leer máis »
Comezan as xeiras do Instituto de Estudos Miñoranos
Publicado en Val miñor with tags Gondomar, Instituto de Estudos Miñoranos, Val miñor en 06/07/2009 por apeneiradovalminhorComo xa é tradicional o Instituto de Estudos Miñoranos organiza todos os veráns -este ano por oitavo ano consecutivo- unha serie de visitas-guiadas ou xeiras a distintos lugares de especial interese histórico, artístico, natural e paisaxístico do Val Miñor.
Leer máis »
Xornada informativa: Novas tarifas eléctricas RD 485/2009
Publicado en Gondomar with tags Gondomar en 03/07/2009 por apeneiradovalminhorO Concello de Gondomar e a Asociación de Comerciantes de Gondomar ( Achego) en colaboración coa Consultoria Enerxía e Sostibilidade, ofrecerán o vindeiro Luns 6 de xullo, ás 20,30h. no Auditorio Luis Tobío, unha parola informativa sobre as novas tarifas eléctricas RD 485/2009 que entraron en vigor o pasado día 1 de Xullo.
Ante a escasa información por parte das compañías eléctricas e falta de previsión das Administracións á hora de implementar este importante cambio, se informará aos consumidores sobre a repercusión da nova normativa nas facturas eléctricas, os requisitos para acollerse ao Bono social, e recomendacións á hora de contratar coas compañías comercializadoras.
Esta xornada vai dirixida a pequenas e medianas empresas, sen deixar de lado aos consumidores domésticos, posibles beneficiarios da tarifa reducida (Bono social).
Comunicado de prensa da Oposición de Gondomar
Publicado en Gondomar with tags Gondomar, Moción de Censura en 01/07/2009 por apeneiradovalminhor“Diagnóstico da realidade política do Concello de Gondomar”
Os grupos da oposición da Corporación de Gondomar –PP, PSOE e MoveGondomar-, que presentaron unha Moción de Censura contra o alcalde Antonio Araúxo, mantiveron ao longo desta fin de semana diversos encontros de traballo co obxectivo de detallar e profundizar no diagnóstico da situación administrativa, política e social na que está inmerso o Concello de Gondomar tras dous anos de goberno en Gondomar. A continuación, detallamos esta análise.
A fogueira dos versos
Publicado en Gondomar with tags Espazo Lectura, Gondomar en 22/06/2009 por apeneiradovalminhorO próximo martes, 23 de xuño, Espazo Lectura celebrará a noite de San Xoán na Casa da Lectura cunha actividade na que xuntaremos poesía, lume e contos: a fogueira dos versos. A sesión, que toma prestado o nome dun poemario de Antonio García Teijeiro, comezará con música a partir das 22:30h, continuará logo, contra as 12 da noite, cunha lectura de poemas arredor dun pequeno lume e rematará cunha sesión de contacontos a cargo do actor Santi Prego, que nos deleitará coas súas historias á luz da pequena fogueira.
Leer máis »
Charla-coloquio sobre o “Plan Boloña” en Baiona
Publicado en Baiona with tags Baiona, Plan Boloña en 22/06/2009 por apeneiradovalminhorO pasado xoves celebrouse no salon de actos do Colexio de Covaterreña unha Charla-Coloquio sobre a Reforma Universitaria “Plan Boloña”
Realizou a exposición Guillermo Meijón, responsable de educación do PsdeG-PSOE no Parlamento de Galicia. Salientou a boa posición da educación universitaria española para asumir a reforma de Boloña.
Á charla asistiron mozos estudantes e pais de alumnos que participaron dunha forma extremadamente activa no encontro formulando as súas dúbidas e obxeccións á reforma.
En contestación ás mesmas Guillermo Meijón manifestou que o Plan Boloña non supón unha privatización do ensino universitario e que as bolsas se verán ou non diminuídas dependendo da maior ou menor sensibilidade que os gobernos de cada estado teñan á hora de establecer as súas políticas educativas.
Declarou que Boloña pode servir para que se teña unha educación universitaria que sexa publica, accesible a todos os segmentos da poboación, independentemente das súas rendas, e ao tempo cunha calidade excelente.
Congreso “Educación e Emigración (1900-1936)” mo Ies Escolas Proval de Nigrán
Publicado en Nigrán en 17/06/2009 por apeneiradovalminhorEntre o 29 de xuño e o 3 de xullo celebrarase no IES Escolas Proval de Nigrán o Congreso “Educación e Emigración (1900-1936) O congreso organízase con motivo do 1º Centenario das Escolas da Unión Hispanoamericana Valle Miñor (1909-2009).
O IES Escolas Proval, o Instituto de Estudos Miñoranos e o Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega organizan o congreso.
O 5 de xaneiro de 1905 constituíuse en Buenos Aires a Unión Hispano Americana Pro-Valle Miñor unha das sociedades de emigrantes pioneiras que perseguía entre outros obxectivos a creación de centros de educación e instrucción xeral, escolas prácticas de artes e oficios, campos de experimentación agrícola, clases nocturnas para adultos, bibliotecas populares, museos de obxectos hispanoamericanos e conferencias de divulgación científica.
Leer máis »
