900 nenos participaron no campionato de Campo a Través celebrado en Nigrán

O pasado día 10 de febreiro, celebrouse en Chandebrito – Nigrán, o Campionato de Campo a Través para as categorías de Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete masculino e feminino, organizado pola Dirección Xeral para o Deporte ( Delegación de Pontevedra ) e coa colaboración da Concellaría de Deportes do Concello de Nigrán.
Cunha nutrida participación de atletas, próximo aos 900 participantes, tomaron a saída ás 10:30 horas, un numeroso público entregado a animar durante toda a competición, chegando ás 3.000 persoas.

A entrega de trofeos correo a cargo da Delegada Provincial de Deportes, Dona María Xesús López Escudeiro, o Concelleiro de Deportes, Xosé Lois Gutiérrez Soto, o Vicepresidente da Federación Galega de Atletismo, Eleuterio García e o Coordinador de Deporte Escolar da Dirección Xeral, Cistobal Moreira