Nigrán aproba un orzamento valorado en 16 millóns de euros
En 16 millóns de euros están valorados os orzamentos deste ano do Concello de Nigrán que foron aprobados en pleno cos votos do equipo de goberno, formado pola coalición BNG-PSOE. Unión Centrista de Nigrán votou en contra das contas que contaron coa abstención do PP.
A corporación tamén aprobou as contas do exercicio pasado, esta vez cos votos da oposición e o rexeitamento do grupo de goberno que aludiu que non votaría favorablemente unhas contas que rematarno cun resultado negativo de máis de millón e medio de uros.