Alumnos de Gondomar visitan Sants 3 Ràdio en Barcelona

Os alumnos do Instituto de Secundaria de Gondomar visitaron esta fin de semana os estudios de Sants 3 Ràdio en Barcelona e participaron no programa Galiza Algo Mais, feito por galegos afincados na Cidade Condal. Estes mozos comezaron a estudar catalán este ano como asignatura de libre elección co profesor Anxo Mariño, un galego que viviu algúns anos en Alicante, onte aprendeu a lingua.

Esta é a segunda iniciativa que se pon en marcha en Galiza logo de que o ano pasado Eduard del Castillo, un catalán que ten vivido temporadas en Galicia, levara a cabo a mesma experiencia nun instituto de secundaria da localidade luguesa de Meira.

Deixa un comentario