Anxo Angueira presenta este venres o seu poemario no auditorio Lois Tobío Abril 14, 2008
Posted by apeneiradovalminhor in Gondomar.trackback
O Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) e a concellería de Cultura do Concello de Gondomar anuncian a presentación do poemario de ANXO ANGUEIRA ‘Fóra do sagrado’ (Xerais, 2007) que terá lugar o venres 18
de abril de 2007 ás 20:30h. no AUDITORIO MUNICIPAL “Lois Tobío”.
Fóra do sagrado de Anxo Angueira, é un poemario constituído por un único poema que ten como fondo un canto a Vigo, ó Vigo real, fóra do sagrado, un lugar de extramuros. Un retrato centrado na fisionomía e na
deformidade da cidade, que na poética de Angueira se converte nunha beleza mergullada na memoria, nun canto en que as cores grises e metalúrxicas da cidade aparecen espidas de artificios. E Vigo, co seu mar e o seu monte, coas parroquias e aldeas, é aquí capital cultural, literaria e política. Unha cidade cosmopolita onde conviven as morruncheiras do Berbés cos cabalos do monte de Marcosende, as dornas da ría e os transatlánticos literarios.
A súa presentación é un acto poético-musical e plástico no que Anxo Angueira recita acompañado da guitarra e das cancións de Leo e Arremecághona e da percusión de Aser Álvarez sobre un enorme mural do
Xoán Carlos e Xosé Luís de Dios no que estes representan unha imaxe do Berbés.

Comentarios»
No comments yet — be the first.