O BNG denuncia a actitude da ELM de Morgadáns Abril 21, 2008
Posted by apeneiradovalminhor in Gondomar.trackback
O Bloque Nacinalista Galego de Gondomar denuncia “a actitude hexemónica e patrimonial da Entidade Local Menor de Morgadáns por parte de seu Presidente, ao cabo do Partido Popular”.
Din os nacionalistas que o presidente da Entidade Local Menor de Morgadans, “ven incumplindo absolutamente os acordos plenarios que el mesmo aprobou”. En particular, argumentan, “pospón ao seu antollo os plenos que obrigatoriamente debe convocar e presidir bimensualmente”.
A Entidade Local Menor de Morgadans, estableceu por acordo plenario, e cos votos a prol do PP o compromiso de levar a cabo un pleno bimensual, coincidindo no último venres do mes que corresponda. Concretamente, este último pleno que habería de celebrarse o pasado 28 de marzo, foi posposto por coincidir festividade local en Vigo aplazandoo para o día 4 de abril.
Novamente e unha vez convocado, e coa Orde do Día, foi suspendido a destempo, “con argumentos iguais de banais e sen que a data de hoxe houbese sido convocado novamente”, aseguran dende o BNG.
Isto conleva a que ás mocións achegadas polo BNG para ser debatidas no Pleno, mesmo non sexan incorporadas a Orde do Día, “evitando deste xeito o traslado do seu contido a cidadanía, o que lle orixina un indubidable menoscabo aos seus Dereitos máis elementais”. Din dende o BNG que estas “manobras” abalan a súa hipótese “xa que denotan que realmente obedecen a outras cuestións das que posiblemente o PP non estea en disposición de dar a debida conta”.
“Dende o BNG queremos facer pública denuncia da xestión partidista que se está facendo da Entidade Local Menor de Morgadans, por parte dos seus máximos responsables, do Partido Popular, quenes atendendo exclusivamente a súa afinidade política, manexan seu antollo a Entidade”.
Xosé R. Valverde Rodríguez esixe ao máximo responsable da Entidade Local Menor de Morgadans, que “xestione o Ente con eficacia e ortodoxia, respectando ós dereitos da Cidadanía así como os do resto da Corporación, por encima dos seus propios intereses políticos e axustándose á lexislación vixente”.
Hai moitos mais exemplos de hexemonía,pero en todo caso aquela parece a finca particular do PP.Pobres veciños que deus nos colla confesos.