O PSOE de Gondomar pide que se constitúa o Consello Escolar Municipal Abril 25, 2008
Posted by apeneiradovalminhor in Gondomar.trackback
José Carlos Cabaleiro González, pide ao concello de Gondomar que se contitúa, no prazo máximo dun mes, o Consello Escolar Municipal.
Di o voceiro socialista que, case concluído o presente curso, “asistimos con bastante estrañeza á falta de interese que demostra o goberno municipal nun tema que cando era oposición esgrimía constantemente contra o goberno anterior”.
O Partido Socialista non entende o desinterese que parece mostrar agora o BNG nun órgano que debe de servir como nexo de comunicación entre a comunidade educativa e o goberno municipal.
Son moitas as persoas, din os socialistas, que manifestan o seu malestar polos problemas que xorden constantemente no contorno educativo dos mozos de Gondomar e que reclaman a constitución dos órganos de consulta e decisión que a lei lle outorga ao goberno municipal.
”Cremos que un tema tan importante como o educativo non se debe de usar como arma de confrontación política, os problemas do ensino deben unir aos grupos políticos na busca consensuada de solucións que acheguen melloras que contribúan a unha boa calidade de ensino”.
Comentarios»
No comments yet — be the first.