Baiña centra a súa programación de maio no París Dakar Maio 5, 2008
Posted by apeneiradovalminhor in Baiona.trackback
:: Unha gran exposición con fotografías e automóbiles participantes pode visitarse ata o 4 de xuño ::
Logo do éxito da primeira edición, o Centro Cultural Baíña de Baiona organiza de novo este ano a exposición Paris Dackar na que o visitante pode ver fotografías da mítica proba automobilística e tamén o 4×4 de José López Rivas, o Quad de J. Luís Álvarez, a moto de Fran Gómez ou a maqueta do Mc Laren que o pasado ano conducía Fernando Alonso.
Trátase dunha iniciativa da secreatia do centro, Bárbara Pereira Meneses, que se completará o un de xuño coa Concentración da Peña Motociclita do Val Miñor e a exhibición de Fran Gómez, en moto, e José Luís Álvarez, en Quad. Asistirán tamén Jesús Iglesias Uriba e Josñe Luís López Ribas.
Programación cultural
A programación do Centro Baíña complétase con actuacións culturais. O 10 de maio actuará o Coro de homes Voces Baionesas. Será ás 20h. Ademais o 24 o centro contará coa actuación da Tuna Val Miñor do C.S.C. Baiña, do Grupo de pandereteiras As Cascarillas e o grupo de teatro Lameiro de Matamá.

Comentarios»
No comments yet — be the first.