Arranca hoxe a semana do libro galego en Nigrán Maio 12, 2008
Posted by apeneiradovalminhor in Nigrán.trackback
A Concellaria de Cultura, organiza a Semana das Letras Galegas cun calendario cheo de actividades que comezará hoxe mesmo, 12 de maio, coa conferencia de Francisco Alonso sobre “O mapa do libro
galego”, literatura, lingua, o libro galego hoxe e Xosé María Álvarez Blázquez editor. rematando co recitado de poemas de Álvarez Blázquez, como homenaxe, e establecer un coloquio co público.
A continuacion fallarase o concurso de Investigacion Escolar sobre Xose Mª Alvarez Blazquez coa entrega de premios aos escolares, houbo amplaparticipación de escolares do Val Miñor con numerosos traballos en soporte dixital, e a continuacion inaugurarase a exposicion de paneis sobre a vida de Xose Maria Alvarez Blazquez, a sua vida por decadas dende o nacemento ata o seu pasamento, as portadas dos libros da coleccion do Moucho e a fabrica da telleira.
O dia 13 Xose Lois Vilar presentara a Eduardo Mendez na conferencia sobre Alvarez Blazque e a arqueoloxia e se dera tempo presentariase o 1º tomo da obra sobre a arqueoloxia realizada polo homenaxeado.
O dia 14 o cantautor Tino Baz presentara un audio visual, dara un concerto e presentara o seu disco cinsa namorada.
O dia 15 inaugurarase a rua Escritor Xose Mª Alvarez Blazquez no sau-4 co compas do himno Galego e a continuacion e o gaiteiro Benxamin Cabaleiro coa marcha do Antergo Reino iremonos para o Camping Praia América onde Xose Maria e Alfonso daran nunha visión sobre o traballo realizado en pro
da cultura do seu Pai e cerraranse os actos da semana cultural.
Todos os actos realizaranse as 20:00 horas

Comentarios»
No comments yet — be the first.