Gondomar acolle esta din de semana o Campionato Nacional de Tenis de Mesa
Esta fin de semana o pavillón de Gondomar será o escenario do XXI Campionato Galego de Tenis de Mesa, no que participarán un centenar de xogadores de tódolos puntoso de Galicia, tamén estranxeiros federados.
A Agrupación Deportiva Vincios parte con claras posibilidades de acadar medallas, por algo é o segundo equipo de Galicia en categoría e resultados, con posibilidades esta temporada de acceder á máxima categoría.
O sábado poderemos ver no pavillón – con entrada libre e gratuíta – a competición por equipos e parellas, e o domingo será o campionato a nivel individual, onde os xogadores do Vincios, Manolo García ou Ramón Becerra parten con grandes posibilidades.
O ping pong é un deporte en auxe na comarca do Val Miñor. Soamente a asociación Vincios ten 50 federados. Un número que non deixa de crecer nos últimos anos. Os seus éxitos avalan ademais a este equipo, dirixido no aspecto técnico por Andrey Mowzykine.
Antonio Araúxo, alcalde de Gondomar, animou durante a presentación deste campionato, a asistir esta fin de semana ao pavillón municipal ao igual que o presidente do Clun, Manuel Pereiro, quen tamén agradeceu ao concello e á concelleira de deportes, Fátima Rodríguez, a súa colaboración.
