Encontro de Jazz en Nigrán
O concello de Nigrán organiza para os vindeiros 29 e 30 de agosto o 2º Encontro de Jazz “NIGRÁNJAZZ” coa colaboración da Dirección Xeral de Turismo da Xunta de Galicia. Consolídase de este xeito unha iniciativa das Concellerías de Promoción Empresarial e Turismo iniciada no ano 2007 que pretende achegar a Nigrán un festival de música de calidade para todos os vecinos e visitantes de Nigrán e a vez por colofón ás actividades levadas a cabo dende o Concello nos meses de xullo de agosto.
Os concertos celebraránse, o igual que o pasado ano, no Escenario instalado no incomparable marco do Esteiro da Foz, no Paseo da Ramallosa, a carón do río Miñor.
A programación para este ano 2008 consolídase coas actuacións de dous grupos de grande calidade, Marcos Pin Trío e Sumrra como base do festival que, dende as 22,00 horas poderemos escoitar no escenario do Esteiro da Foz do Miñor. O festival complétase este ano 2008 coa actuación pola Ramallosa de GDJAZZ STREET BAND un pasarrúas que nos trasladará á Nova Orlreáns de principios do século XX.
