Nigrán prepara unha gran festa de Reis

A partir das 16:00 horas o Polideportivo de Panxón acollerá a gran Festa de Reis 2009 onde haberá diversos obradoiros de maquillaxe, globoflexia e coroas reais así como cinco hinchables para os máis cativos e adicados ás diferentes idades. A súa vez, ás 18:00 horas, Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente, farán a súa chegada  en barco, con tirada de foguetes includa ao porto de Panxón,  e xa na Praza Xosé Muxines, as Súas Maxestades montarán nas súas carrozas de cabalos e a cabalgata real  percorrerá parte do paseo marítimo, ao ritmo da charanga Air Jalisia, ata o polideportivo, onde recibirán a todos os nenos que o desexen. Aredor de 350 kg de caramelos sen gluten, serán repartidos entre os asistentes a esta gran festa de fin do Nadal.

Deixa un comentario