Conferencia sobre o acelerador de partículas no IEM
O venres 9 de xaneiro de 2009 no Pazo da Escola de Mañufe-Gondomar ás 20:30 h. terá lugar a primeira das Instituto de Estudos Miñoranos deste novo ano. Nesta ocasión o convidado do IEM é o Catedrático de Física de Partículas da Universidade de Santiago de Compostela e ex reitor da mesma, entre 1984 e 1990, CARLOS PAJARES VALES.
O profesor PAJARES VALES que o pasado ano foi recoñecido co Premio Galicia de Investigación centrou as súas investigacións na orixe do universo. Na actualidade participa nunha experiencia, xunto a 1.200 físicos que pertencen a 105 institucións, que intentan reproducir as colisións polas que pasou o primeiro instante do universo. Este traballo está integrado dentro da experiencia denominada LHCD ou acelerador de partículas que trata de reproducir o Big Bang en pequeno, e estudar como se vai formando a materia.
O noso convidado será presentado polo profesor de Física e Química do IES Escolas Proval de Nigrán Salvador Rodríguez Muñoz.
Ao remate do acto aberto ao público e como é costume haberá unha cea co convidado, á que se pode asistir previa reserva no 680 644 490 ou ben no enderezo electrónico direccion@minhor.org.