Charla-coloquio sobre o “Plan Boloña” en Baiona
O pasado xoves celebrouse no salon de actos do Colexio de Covaterreña unha Charla-Coloquio sobre a Reforma Universitaria “Plan Boloña”
Realizou a exposición Guillermo Meijón, responsable de educación do PsdeG-PSOE no Parlamento de Galicia. Salientou a boa posición da educación universitaria española para asumir a reforma de Boloña.
Á charla asistiron mozos estudantes e pais de alumnos que participaron dunha forma extremadamente activa no encontro formulando as súas dúbidas e obxeccións á reforma.
En contestación ás mesmas Guillermo Meijón manifestou que o Plan Boloña non supón unha privatización do ensino universitario e que as bolsas se verán ou non diminuídas dependendo da maior ou menor sensibilidade que os gobernos de cada estado teñan á hora de establecer as súas políticas educativas.
Declarou que Boloña pode servir para que se teña unha educación universitaria que sexa publica, accesible a todos os segmentos da poboación, independentemente das súas rendas, e ao tempo cunha calidade excelente.