Comezan as xeiras do Instituto de Estudos Miñoranos
Como xa é tradicional o Instituto de Estudos Miñoranos organiza todos os veráns -este ano por oitavo ano consecutivo- unha serie de visitas-guiadas ou xeiras a distintos lugares de especial interese histórico, artístico, natural e paisaxístico do Val Miñor.
Trátase de pequenos percorridos a realizar polas tardes –excepcionalmente ao anoitecer- dirixidos por especialistas no tema da visita. O programa está pechado (ver documento que se adxunta) e conta coa colaboración de diversas institucións.
Tres ciclos de xeirasEste verán preparamos xeiras en tres ciclos con diferente tipoloxía. Xunto as xa clásicas rutas de sendeirismo por diferentes lugares do noso entorno que conforman o primeiro ciclo, iniciamos este ano saídas marítimas polo contorno próximo ao Val Miñor, con especial referencia á toponimia do mar.
Unha das saídas atende de maneira interdisciplinar á existencia na serra da Groba de vellos Foxos de lobos, de uso tradicional durante séculos. Relacionaremos esta saída (o día de San Lorenzo) coa observación do firmameto.
O martes, 7 de xullo, primeira das xeiras do verán 2009: Saída pola baía de Baiona no motoveleiro Nauja
As 18,30 horas do martes 7 de xullo sairá do peirao da Lonxa de Baiona o motoveleiro Nauja que, baixo a guía de Xosé Lois Vilar, nos levará pola mar de Baiona-Cabo Silleiro, con especial mención da rica toponimia creada polos mariñeiros durante centos de anos. O custe é de 18 €, e será preciso anotarse previamente no teléfono 629 11 41 62.
|
Data e hora |
Saída |
Guías |
Punto de encontro |
|
7 xullo, martes 18,30 |
Saída pola baía de Baiona. No veleiro Nauja. Prezo: 18 €* |
Xosé Lois Vilar |
Peirao da Lonxa. Baiona |
|
9 xullo, xoves 17,30 |
Polas ribeiras do río Muíños |
Fernando Lahuerta |
Local do IEM |
|
15 xullo, mércores 17:30h |
Ruta de sendeirismo circular por Peitieros e Morgadáns |
Antonio Lago Xosé Ramón García |
Local do IEM |
|
23 xullo, xoves 17:30 |
Baiona histórica |
Carlos Méixome |
Praia da Ribeira de Baiona. Xunto estatua de Afonso VIII (“IX”) |
|
28 xullo, martes 20,00 |
Saída nocturna pola baía de Baiona. No veleiro Nauja. Prezo: 18 €. * |
Xosé Lois Vilar |
Peirao da Lonxa. Baiona |
|
30 xullo, xoves 17:30 |
Ruta pola fraga de Oliveira |
Xilberte Manso Xosé Ramón García |
Praza de Sabarís |
|
6 agosto, xoves 17:30 |
Polo río Morgadáns: da Ponte das Animas aos muíños da Serra. |
Alfredo López |
Local do IEM |
|
10 agosto, luns 20:00 |
Noite de estrelas e lobos |
Xosé Lois Vilar, Xilberte Manso, Enrique Alonso Blanco |
Praia de Santa Marta Baiona |
|
20 agosto, xoves 17:30 |
Ruta de sendeirismo pola Portavedra |
Xilberte Manso Xosé Ramón García |
Local do IEM |
|
27 agosto, xoves 20:00 |
Ruta polo río Vilar- A Pedreira |
Xosé Lois Vilar Xilberte Manso |
Praia de Santa Marta Baiona |
|
*. Paras as saídas marítimas é preciso anotarse previamente no tfno. 629 11 41 62. Durante o mes de agosto terán lugar outras dúas saídas marítimas pola baía de Baiona, con similares prezos, e datas que se anunciaran oportunamente. |
|||
|
Local do IEM: Aula de Cultura Ponte de Rosas. Avda. da Feira 10, baixo, Gondomar. |
|||