jump to navigation

O PsdG-PSOE de Baiona denuncia a inactividade do concello Xullo 4, 2008

Posted by apeneiradovalminhor in Baiona.
add a comment

Os socialistas de Biona síntense ofendidos polas declaracións feitas o pasado mércores polo alcalde da localidade nas que manifestaba que a situación de verteduras á marisma que se están producindo en Sabaris non son da súa responsabilidade. (more…)

A consellería de Medio Ambiente e Europarc España inauguran o XIV congreso Esparc sobre conservación de espazos naturais e ecosistemas en Baiona Xuño 18, 2008

Posted by apeneiradovalminhor in Baiona.
add a comment

A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e a asociación Europarc-España  inauguran mañá en Baiona (Pontevedra) o XIV Congreso de ESPARC, centrado na conservación de espazos naturais e ecosistemas. O  congreso, que se desenvolverá ata o vindeiro día 22 de xuño, ten como obxectivo o intercambio de experiencias en cuestións relacionadas co patrimonio natural e biodiversidade, os retos de xestión da Rede Natura 2000, os compromisos internacionais en materia de conservación da natureza, entre outras. (more…)

A Deputación de Pontevedra fai entrega de máis de 200 títulos a nove institutos Baiona, Gondomar, a Guarda, Nigrán, Tomiño e Tui Xuño 16, 2008

Posted by apeneiradovalminhor in Baiona, Gondomar, Nigrán, Val miñor.
add a comment

O deputado delegado de Cultura, José Juan Durán fixo entrega de máis de 200 títulos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación ós IES Primeiro de Marzo (Baiona); Auga da Laxe (Gondomar); Terra Turonio (Gondomar); A Sangriña (A Guarda); Val Miñor (Nigrán); Escolas Proval (Nigrán); IES Tomiño (Tomiño); San Paio (Tui) e ó IES Francisco Sánchez (Tui) (more…)

Manuel Blanco presenta en Baiona o seu libro “Nos dominios da incerteza” Maio 21, 2008

Posted by apeneiradovalminhor in Baiona.
add a comment

Manuel Blanco presenta este venres 23 ás 20h na Biblioteca Pública de Baiona o seu libro “Nos dominios da incerteza”. O autor será presentado por Xulio Ríos.

Non será esá a única cita en Baiona para a fin de semana, xa que o sábado o investigador artesán e mestre gaiteiro Xavier Blanco dará un concerto ás 20h no auditorio V Centenario.

Baiña centra a súa programación de maio no París Dakar Maio 5, 2008

Posted by apeneiradovalminhor in Baiona.
add a comment

 

:: Unha gran exposición con fotografías e automóbiles participantes pode visitarse ata o 4 de xuño ::

Logo do éxito da primeira edición, o Centro Cultural Baíña de Baiona organiza de novo este ano a exposición Paris Dackar na que o visitante pode ver fotografías da mítica proba automobilística e tamén  o 4×4 de José López Rivas, o Quad de J. Luís Álvarez, a moto de Fran Gómez ou a maqueta do Mc Laren que o pasado ano conducía Fernando Alonso. (more…)

IX Edición do Foro Iberoamericano 2008 en Baiona Febreiro 25, 2008

Posted by apeneiradovalminhor in Baiona.
add a comment

:: Será o venres 29 de febreiro, ás 19:00 horas, na Capitanía Marítima de Baiona, antigo edificio da Axudantía da Mariña :: 

 Con motivo da IX Edición do Foro Iberoamericano 2008, o Concello de Baiona e o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, IGADI (www.igadi.org), en colaboración coa Fundación Safe Democracy de Madrid, ofrecerán a conferencia “Arxentina: Kirchner en dous tempos”, que será impartida por Joaquín Mirkin, director executivo da “Fundación Safe Democracy”. (more…)

Os veciños do Casco Histórico de Baiona terán vantaxes no aparcamento Febreiro 11, 2008

Posted by apeneiradovalminhor in Baiona.
Tags: , ,
add a comment

baionacasco.jpg 

O alcalde e a empresa concesionaria asinaron o acordo

O Concello de Baiona ven de asinar un Convenio coa empresa concesionaria do Aparcadoiro do Aral para facilitar que todos os veciños que viven no casco histórico poidan aparcar en dita instalación pola metade dun abono mensual. Este Convenio é anual e prorrogable automaticamente ano a ano. Na oficina de información ó cidadán (planta baixa do Concello) se informará de calquera dúbida que poida xurdir, se dará un prazo dun mes para facela reserva no Concello.

(more…)