O concello de Gondomar fai unha valoración positiva do primeiro mes de funcionamento do punto limpo Xuño 19, 2008
Posted by apeneiradovalminhor in Gondomar.add a comment
Cumprido un mes da entrada en servizo do Punto Limpo de Gondomar, e sendo conscentes de que a utilización do mesmo polos veciños irá en aumento, o Concello fai xa unha primeira valoración que non pode ser máis que positiva. (more…)
A Deputación de Pontevedra fai entrega de máis de 200 títulos a nove institutos Baiona, Gondomar, a Guarda, Nigrán, Tomiño e Tui Xuño 16, 2008
Posted by apeneiradovalminhor in Baiona, Gondomar, Nigrán, Val miñor.add a comment
O deputado delegado de Cultura, José Juan Durán fixo entrega de máis de 200 títulos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación ós IES Primeiro de Marzo (Baiona); Auga da Laxe (Gondomar); Terra Turonio (Gondomar); A Sangriña (A Guarda); Val Miñor (Nigrán); Escolas Proval (Nigrán); IES Tomiño (Tomiño); San Paio (Tui) e ó IES Francisco Sánchez (Tui) (more…)
O PP cre compatible a exposición pública do PGOM do 2006 e a creación dunha comisión de seguimento de tódolos grupos municipais Xuño 5, 2008
Posted by apeneiradovalminhor in Gondomar.add a comment
:: O Partido Popular de Gondomar presentou unha moción de urxencia para instar ao concello a retomar a exposición pública do PGOM do 2006, que foi rexeitada ::
O presidente do Partido Popular de Gondomar, Carlos Silva Mariño, comparte a posibilidade de por en marcha unha comisión de seguimento do PGOM do 2006, despois de que este fora o motivo polo cal o pleno rexeitase a recuperación da exposición pública do documento. Esta medida foi obxecto dunha moción de urxencia, presentada hoxe no pleno ordinario de Gondomar por parte do PP de Gondomar e rexeitada cos votos en contra do BNG e do PSOE. (more…)
Gondomar acolle a exposición “O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción” Xuño 4, 2008
Posted by apeneiradovalminhor in Gondomar.add a comment
Do 4 ó 15 de Xuño a Casa da Cultura do Concello de Gondomar acolle a mostra “O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción”.
O historiador e Presidente do Consello da Cultura RAMÓN VILLARES clausura o ciclo de TERTULIAS DO IEM Xuño 3, 2008
Posted by apeneiradovalminhor in Gondomar.add a comment
O próximo venres 6 de xuño de 2008 no Pazo da Escola de Mañufe-Gondomar ás 20:30 h. terá lugar a última das TERTULIAS DO IEM deste curso 2007/08. Para poñer o ramo aos faladoiros deste curso estará con nós o historiador e Presidente do Consello da Cultura Galega Ramón Villares. (more…)
Gondomar acolle esta din de semana o Campionato Nacional de Tenis de Mesa Maio 30, 2008
Posted by apeneiradovalminhor in Gondomar.add a comment
Esta fin de semana o pavillón de Gondomar será o escenario do XXI Campionato Galego de Tenis de Mesa, no que participarán un centenar de xogadores de tódolos puntoso de Galicia, tamén estranxeiros federados. (more…)
O TSXG ratifica a impugnación do acordo plenario que anulaba a sentencia contra o PXOM do 97 Maio 28, 2008
Posted by apeneiradovalminhor in Gondomar.add a comment
:: O equipo de goberno pide unha “acción de responsabilidade” a todos os grupos políticos para que aproben mañá a delimitación de núcleos que permitirá conceder licencias no rural mentres non se redacte o PXOM ::
“É radicalmente inaceptable que polo pleno municipal se repoña un PXOM que xa ten desaparecido do mundo xurídico mediante anulación alcanzada en Sentencia”, afirma na súa resolución os maxistrados do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia J.C. Trillo, J.A. Antonio e J.M. Arrojo.
Esta sentencia, que aínda é susceptible de recurso de casación ante o Supremo, anula aquel acordo plenario tomado cos votos do PP e PSOE no ano 2005, no que se pretendía obviar a sentencia do propio TSXG do ano 2001 que anulaba o Plan Xeral de Ordenación Urbana do 97. (more…)
Gondomar inaugura o Paseo Carlos Casares o Día das Letras Galegas Maio 14, 2008
Posted by apeneiradovalminhor in Gondomar.add a comment
O concello de Gondomar inaugurará o Paseo Carlos Casares, así como do monumento “A galiña azul” este 17 de maio, día das Letras Galegas.
Non serán os únicos actos para conmemorar esta data na que haberá tamén unha lectura da obra de Álvarez Blázquez e un Concerto de Treixadura ás 22 horas no Auditorio (more…)
Tertulia do IEM co músico Xosé V. Ferreiros, membro de Milladoiro. Maio 8, 2008
Posted by apeneiradovalminhor in Gondomar.add a comment
:: Será este venres ás 20.30h no Pazo Escola de Mañufe ::
O Venres, 9 de maio ás 20:30 no Pazo da Escola de Mañufe, Gondomar terá lugar unha nova TERTULIA DO IEM co músico e profesor Xosé V. Ferreirós. O convidado será presentado polo profesor, gaiteiro e vicerrector da U. de Vigo Iván Área. (more…)
O Instituo de Estudos Miñoranos (IEM) edita Crónica rimada de Baiona e o seu mar de Xosé María Álvarez Blázquez Maio 7, 2008
Posted by apeneiradovalminhor in Gondomar, Val miñor.add a comment
Neste ano no que a Real Academia Galega recoñece o inmenso labor cultural realizado ao longo da súa fructifera vida por Xosé María Álvarez Blázquez, dedicandolle o Día das Letras Galegas, o Instituto de Estudos Miñoranos quere sumarse aos múltiples recoñecementos que se lle están a facer por todo o país editanto un texto breve que Xosé María Álvarez Blázquez títulou Crónica rimada de Baiona e o seu mar que recolle a conferencia que o polígrafo tudense pronunciou no salón de Plenos do concello de Baiona en 1964. (more…)





