A Deputación de Pontevedra fai entrega de máis de 200 títulos a nove institutos Baiona, Gondomar, a Guarda, Nigrán, Tomiño e Tui Xuño 16, 2008
Posted by apeneiradovalminhor in Baiona, Gondomar, Nigrán, Val miñor.add a comment
O deputado delegado de Cultura, José Juan Durán fixo entrega de máis de 200 títulos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación ós IES Primeiro de Marzo (Baiona); Auga da Laxe (Gondomar); Terra Turonio (Gondomar); A Sangriña (A Guarda); Val Miñor (Nigrán); Escolas Proval (Nigrán); IES Tomiño (Tomiño); San Paio (Tui) e ó IES Francisco Sánchez (Tui) (more…)
O Concello de Nigrán recibe 300.000 € da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia para a contratación de personal Xuño 12, 2008
Posted by apeneiradovalminhor in Nigrán.add a comment
:: A Concelleira de Emprego, a Socialista Purificación Leal Docampo, sinala que a xestión e a colaboración coa Xunta de Galicia fará que este mes incorpórense a plantilla de Nigrán 25 personas en Programas Cooperación e 43 no Obradoiro de Emprego Nigrán II ::
A Xunta de Galicia a través da Consellería de Traballo e cofinanciado polo Fondo Social Europeo ven de aprobar a subvención ao Concello de Nigrán de 300.000 € para a contratación de personal para diferentes programas. (more…)
Medio Ambiente investirá máis de 755.000 euros na adecuación, selado e clausura do vertedoiro de rsu do parque empresarial Porto do Molle, no concello de Nigrán Xuño 5, 2008
Posted by apeneiradovalminhor in Nigrán.add a comment
A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible investirá 755.014 euros na adecuación, selado e clausura do vertedoiro de residuos sólidos urbanos (RSU) do parque empresarial de Porto do Molle, no concello pontevedrés de Nigrán. O Consello da Xunta autorizou hoxe a colaboración entre a administración autonómica e a local para a execución desta actuación. (more…)
Nigrán organiza o II Campus de Verán para nenos de entre 5 e 13 anos Xuño 5, 2008
Posted by apeneiradovalminhor in Nigrán.add a comment
A Concelleria de Cultura e Deportes do Concello de Nigrán quere informar os medios de comunicación que se ven de celebrar no salón de plenos do concello a presentación do II Campus de Verán Carlos Pérez. A presentación estivo arroupada coa presencia ademais do Concelleiro de Cultura e Deportes Xose Lois Gutiérrez polos ex-xogadores do Celta Couñago e Curiel. (more…)
Abre un centro de día en Nigrán Xuño 2, 2008
Posted by apeneiradovalminhor in Nigrán.add a comment

O 30 de maio,as 13 horas, inaugurouse en Nigrán, na r/ estrada pola vía 90 baixo, ó primeiro Centro de Día para persoas maiores do municipio: “Botando unha man”.
O acto inaugural contou coa presencia da Secretaria Xeral de Benestar da Xunta de Galicia, María Xexús Lago Vilaboa, e diversas autoridades locais. (more…)
O PP de Nigrán solicita un Centro de Día Xuño 2, 2008
Posted by apeneiradovalminhor in Nigrán.add a comment
O Partido Popular de Nigrán presentou ao pasado cheo unha moción para instar á Xunta de Galicia a que inclúa a Nigrán no programa de Centros de Día “e así, dunha vez por todas, poder gozar dunhas instalacións tan necesarias como estas para especialmente os nosos maiores e aquelas persoas que por diversas doenzas necesíteno”.
(more…)
Nigrán inaugura este venres a rúa Escritor Xosé María Álvarez Blázquez Maio 29, 2008
Posted by apeneiradovalminhor in Nigrán.add a comment
A Concelleria de Cultura e Deporte do Concello de Nigrán informa que o próximo venres 30 de maio a partir das 20:00h. terá lugar a inauguración coa colocación dunha placa conmemorativa da “Rúa Escritor Xose María Álvarez Blázquez”, localizada esta en frente a entrada príncipal do Camping de Praia América. Tras o acto de inauguración sonará o himno galego interpretado polo xoven gaiteiro nigranés Benxamin Cabaleiro. (more…)
O venres clausúrase o obradoiro sobre a muller na cultura árabe en Nigrán Maio 29, 2008
Posted by apeneiradovalminhor in Nigrán.add a comment
Como remate do obradoiro sobre a muller na cultura árabe organizado pola Concellería de Benestar e Igualdade do Concello de Nigrán, que se está desenvolvendo durante todo o mes de maio en Nigrán a través da realización de talleres de cociña e danza árabes, o próximo venres 30, de 17.00h a 19.30h, no Centro Antena Municipal (Rúa Otero Pedraio, 52. Panxón), celebrarase un acto que contará coa presenza do Delegado en Galicia do Frente Polisario, en representación do pobo saharaui, no que se levará a cabo a proxección dun documental con posterior charla debate, co que pretendemos continuar afondando no coñecemento desta cultura e en particular, da realidade das mulleres nos campos de refuxiados do Sáhara e nos países árabes do entorno. O acto está aberto á participación de toda persoa interesada e durante o mesmo, as persoas asistentes poderán degustar pratos típicos árabes, así como participar na cerimonia do té, tan típica desta cultura, o tempo que poderán visitar unha exposición fotográfica instalada para o efecto.
O Concello de Nigrán asinará un convenio coa consellería de Cultura por valor de 25.000 euros Maio 21, 2008
Posted by apeneiradovalminhor in Nigrán.add a comment
A Concellaría de Cultura e Deportes dirixida polo nacionalista Xosé Lois Gutiérrez Soto quere anunciar a próxima sinatura dun convenio entre o Concello de Nigrán e a Consellería de Cultura e Deportes cun importe de 25000 euros .
Este convenio é o resultado das xestións realizadas semanas atrás entre o Concelleiro de Cultura Xose Lois Gutiérrez e o Director Xeral de Patrimonio Felipe Arias, departamento integrado na Consellería de Cultura e Deporte. (more…)
O Concello de Nigrán recibe 732.576,96 € da Consellería de Traballo para por en marcha o “Obradoiro de Emprego Nigrán II” Maio 15, 2008
Posted by apeneiradovalminhor in Nigrán.add a comment
A Xunta de Galicia a través da Consellería de Traballo ven de aprobar o proxecto de formación-emprego “Obradoiro de Emprego Nigrán II” dirixido á contratación 36 personas maiores de 25 anos para a súa formación e ocupación profesional nas especialidades de carpintería (12 traballadores/as), albanelería (12 traballadores/as) e fontanería/electricidade (12 fontanería/electricidade). (more…)



