jump to navigation

A Deputación de Pontevedra fai entrega de máis de 200 títulos a nove institutos Baiona, Gondomar, a Guarda, Nigrán, Tomiño e Tui Xuño 16, 2008

Posted by apeneiradovalminhor in Baiona, Gondomar, Nigrán, Val miñor.
add a comment

O deputado delegado de Cultura, José Juan Durán fixo entrega de máis de 200 títulos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación ós IES Primeiro de Marzo (Baiona); Auga da Laxe (Gondomar); Terra Turonio (Gondomar); A Sangriña (A Guarda); Val Miñor (Nigrán); Escolas Proval (Nigrán); IES Tomiño (Tomiño); San Paio (Tui) e ó IES Francisco Sánchez (Tui) (more…)

O Instituo de Estudos Miñoranos (IEM) edita Crónica rimada de Baiona e o seu mar de Xosé María Álvarez Blázquez Maio 7, 2008

Posted by apeneiradovalminhor in Gondomar, Val miñor.
add a comment

 Neste ano no que a Real Academia Galega recoñece o inmenso labor cultural realizado ao longo da súa fructifera vida por Xosé María Álvarez Blázquez, dedicandolle o Día das Letras Galegas, o Instituto de Estudos Miñoranos quere sumarse aos múltiples recoñecementos que se lle están a facer por todo o país editanto un texto breve que Xosé María Álvarez Blázquez títulou Crónica rimada de Baiona e o seu mar que recolle a conferencia que o polígrafo tudense pronunciou no salón de Plenos do concello de Baiona en 1964.  (more…)

Verdegaia solicita a inclusión da Serra da Groba na Rede Natura 2000 Abril 16, 2008

Posted by apeneiradovalminhor in Val miñor.
add a comment

Verdegaia vén de solicitar á Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible a inclusión da Serra da Groba na Rede Natura 2000 co apoio doutros once colectivos: ADEGA, ASCEL, Ecologistas en Acción, Federación Ecoloxista Galega, Fusquenlla, Greenpeace España, Grupo de anelamento Anduriña, Matar por Matar Non, Salvemos Monteferro, SOS-A Groba e Syme.  (more…)

Un libro CD lembra a Vota dos 9 Marzo 31, 2008

Posted by apeneiradovalminhor in Val miñor.
add a comment

gondomar_volta-dos-9.jpg 

:: Neste libro-CD-DVD ofrécese unha seitura realizada, con cariño e xenerosidade, por preto de medio cento de persoas baixo a coordinación do INSTITUTO DE ESTUDOS MIÑORANOS ::

 O quince de outubro, 1936, na saída de Baiona cara a Baredo, na altura da Bombardeira, nove veciños do Val Miñor son asasinados nunha máis das cruentas matanzas que naqueles meses asolaron o noso país nunha guerra de exterminio planificada. A memoria das súas mortes escribiu unha das máis fermosas páxinas de resistencia. Durante décadas mans anónimas e populares riscaron sobre as areas da beira da estrada nove cruces, realizadas cun trazo de urxencia. O lugar sería dende aquela coñecido como A
VOLTA DOS NOVE.

(more…)

O IEM entrega o V Premio Nano Cambeiro aos autores da web Salvemos Monteferro Marzo 24, 2008

Posted by apeneiradovalminhor in Gondomar, Val miñor.
add a comment

val-minor_salvemos-monteferro.jpg 

O Instituto de Estudos Miñoranos entregará este venres 28, no pazo de Escola de Mañufe, en Gondomar, o V Premio Nano Cambeiro a  Xosé Reigosa Solleiro e Ángel Reigosa Solleiroi, autores da páxina web Salvemos Monteferro. (more…)

A oficina de igualdade e benestar de Gondomar comeza a funcionar dentro do II Plan de Inclsión Febreiro 18, 2008

Posted by apeneiradovalminhor in Gondomar, Val miñor.
add a comment
gondomar_oficinas-de-ib.jpg

A secretaria xeral de Benestar da Vicepresidencia, María Xesús Lago, explicou hoxe, durante a inauguración da oficina de igualdade e benestar de Gondomar, as principais liñas de actuación que van desenvolver os equipos comparcais do II Plan Galego de Inclusión Social. Un deles, composto por tres profesionais, vai traballar dende a Oficina de Igualdade e Benestar e o consorcio puxo en marcha na localidade de Gondomar, e que cubrirá toda a comarca do Baixo Miño. (more…)

Medio Rural inviste máis de un millón de euros en actuacións para valorizar os usos do monte do Val Miñor Febreiro 15, 2008

Posted by apeneiradovalminhor in Val miñor.
add a comment
val-minor_suarez-canal.jpg

 

O conselleiro do Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, mantivo un encontro con representantes de Comunidades de Montes do Val Miñor para presentar as diferentes actuacións aprobadas polo seu departamento de cara a valorizar os usos do monte nesta zona, que ascenden a un total de 1.006.625,63 euros. Trátase dun conxunto de iniciativas encamiñadas, según indicou o conselleiro, “a acadar a mellora das condicións dos montes para o seu uso social e divulgativo, así como das súas condicións ambientais, a través da creación de espazos axeitados e instalacións e infraestruturas que aumenten as posibilidades do seu uso social e transmitan os valores que representan”. (more…)