Abre un centro de día en Nigrán Xuño 2, 2008
Posted by apeneiradovalminhor in Nigrán.add a comment

O 30 de maio,as 13 horas, inaugurouse en Nigrán, na r/ estrada pola vía 90 baixo, ó primeiro Centro de Día para persoas maiores do municipio: “Botando unha man”.
O acto inaugural contou coa presencia da Secretaria Xeral de Benestar da Xunta de Galicia, María Xexús Lago Vilaboa, e diversas autoridades locais. (more…)
O PP de Nigrán solicita un Centro de Día Xuño 2, 2008
Posted by apeneiradovalminhor in Nigrán.add a comment
O Partido Popular de Nigrán presentou ao pasado cheo unha moción para instar á Xunta de Galicia a que inclúa a Nigrán no programa de Centros de Día “e así, dunha vez por todas, poder gozar dunhas instalacións tan necesarias como estas para especialmente os nosos maiores e aquelas persoas que por diversas doenzas necesíteno”.
(more…)
Gondomar acolle esta din de semana o Campionato Nacional de Tenis de Mesa Maio 30, 2008
Posted by apeneiradovalminhor in Gondomar.add a comment
Esta fin de semana o pavillón de Gondomar será o escenario do XXI Campionato Galego de Tenis de Mesa, no que participarán un centenar de xogadores de tódolos puntoso de Galicia, tamén estranxeiros federados. (more…)
Nigrán inaugura este venres a rúa Escritor Xosé María Álvarez Blázquez Maio 29, 2008
Posted by apeneiradovalminhor in Nigrán.add a comment
A Concelleria de Cultura e Deporte do Concello de Nigrán informa que o próximo venres 30 de maio a partir das 20:00h. terá lugar a inauguración coa colocación dunha placa conmemorativa da “Rúa Escritor Xose María Álvarez Blázquez”, localizada esta en frente a entrada príncipal do Camping de Praia América. Tras o acto de inauguración sonará o himno galego interpretado polo xoven gaiteiro nigranés Benxamin Cabaleiro. (more…)
O venres clausúrase o obradoiro sobre a muller na cultura árabe en Nigrán Maio 29, 2008
Posted by apeneiradovalminhor in Nigrán.add a comment
Como remate do obradoiro sobre a muller na cultura árabe organizado pola Concellería de Benestar e Igualdade do Concello de Nigrán, que se está desenvolvendo durante todo o mes de maio en Nigrán a través da realización de talleres de cociña e danza árabes, o próximo venres 30, de 17.00h a 19.30h, no Centro Antena Municipal (Rúa Otero Pedraio, 52. Panxón), celebrarase un acto que contará coa presenza do Delegado en Galicia do Frente Polisario, en representación do pobo saharaui, no que se levará a cabo a proxección dun documental con posterior charla debate, co que pretendemos continuar afondando no coñecemento desta cultura e en particular, da realidade das mulleres nos campos de refuxiados do Sáhara e nos países árabes do entorno. O acto está aberto á participación de toda persoa interesada e durante o mesmo, as persoas asistentes poderán degustar pratos típicos árabes, así como participar na cerimonia do té, tan típica desta cultura, o tempo que poderán visitar unha exposición fotográfica instalada para o efecto.
O TSXG ratifica a impugnación do acordo plenario que anulaba a sentencia contra o PXOM do 97 Maio 28, 2008
Posted by apeneiradovalminhor in Gondomar.add a comment
:: O equipo de goberno pide unha “acción de responsabilidade” a todos os grupos políticos para que aproben mañá a delimitación de núcleos que permitirá conceder licencias no rural mentres non se redacte o PXOM ::
“É radicalmente inaceptable que polo pleno municipal se repoña un PXOM que xa ten desaparecido do mundo xurídico mediante anulación alcanzada en Sentencia”, afirma na súa resolución os maxistrados do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia J.C. Trillo, J.A. Antonio e J.M. Arrojo.
Esta sentencia, que aínda é susceptible de recurso de casación ante o Supremo, anula aquel acordo plenario tomado cos votos do PP e PSOE no ano 2005, no que se pretendía obviar a sentencia do propio TSXG do ano 2001 que anulaba o Plan Xeral de Ordenación Urbana do 97. (more…)
O Concello de Nigrán asinará un convenio coa consellería de Cultura por valor de 25.000 euros Maio 21, 2008
Posted by apeneiradovalminhor in Nigrán.add a comment
A Concellaría de Cultura e Deportes dirixida polo nacionalista Xosé Lois Gutiérrez Soto quere anunciar a próxima sinatura dun convenio entre o Concello de Nigrán e a Consellería de Cultura e Deportes cun importe de 25000 euros .
Este convenio é o resultado das xestións realizadas semanas atrás entre o Concelleiro de Cultura Xose Lois Gutiérrez e o Director Xeral de Patrimonio Felipe Arias, departamento integrado na Consellería de Cultura e Deporte. (more…)
Manuel Blanco presenta en Baiona o seu libro “Nos dominios da incerteza” Maio 21, 2008
Posted by apeneiradovalminhor in Baiona.add a comment
Manuel Blanco presenta este venres 23 ás 20h na Biblioteca Pública de Baiona o seu libro “Nos dominios da incerteza”. O autor será presentado por Xulio Ríos.
Non será esá a única cita en Baiona para a fin de semana, xa que o sábado o investigador artesán e mestre gaiteiro Xavier Blanco dará un concerto ás 20h no auditorio V Centenario.
O Concello de Nigrán recibe 732.576,96 € da Consellería de Traballo para por en marcha o “Obradoiro de Emprego Nigrán II” Maio 15, 2008
Posted by apeneiradovalminhor in Nigrán.add a comment
A Xunta de Galicia a través da Consellería de Traballo ven de aprobar o proxecto de formación-emprego “Obradoiro de Emprego Nigrán II” dirixido á contratación 36 personas maiores de 25 anos para a súa formación e ocupación profesional nas especialidades de carpintería (12 traballadores/as), albanelería (12 traballadores/as) e fontanería/electricidade (12 fontanería/electricidade). (more…)
Gondomar inaugura o Paseo Carlos Casares o Día das Letras Galegas Maio 14, 2008
Posted by apeneiradovalminhor in Gondomar.add a comment
O concello de Gondomar inaugurará o Paseo Carlos Casares, así como do monumento “A galiña azul” este 17 de maio, día das Letras Galegas.
Non serán os únicos actos para conmemorar esta data na que haberá tamén unha lectura da obra de Álvarez Blázquez e un Concerto de Treixadura ás 22 horas no Auditorio (more…)





