Cambiamos de dirección esta páxina pasa a estar ubicada no seguinte enderezo
Cambiamos de dirección. Clica na imaxe para acceder á nova
Posted in 1 on 30/10/2009 by apeneiradovalminhorCaixanova e o Concello de Gondomar asinan un convenio de colaboración en materia cultural
Posted in Gondomar with tags Caixanova, Gondomar on 16/07/2009 by apeneiradovalminhor·:·: A rúbrica deste acordo contempla a realización de importantes actuacións culturais na vila para todo tipo de público :·:·
Caixanova e o Concello de Gondomar subscribiron un convenio de colaboración en materia cultural que permitirá aos veciños desta localidade gozar dunha programación de calidade durante o mes de agosto. O alcalde, Martín Urgal, e o director de Zona Val Miñor-Baixo Miño de Caixanova, Lino Álvarez, foron os encargados de rubricar o acordo.
Actividades Culturais en Nigrán
Posted in Nigrán with tags Kun Fu Panda, Na Revolta, Nigrán, Val miñor on 14/07/2009 by apeneiradovalminhorDentro da Programación Cultural de Verán 2009 do concello de Nigrán, está programado o concerto de música folk a cargo do Grupo Na Revolta, o venres día 17 de Xullo, ás 22:00 horas no antigo Campo das Redes de Panxón, actual aparcadoiro fronte as pistas polideportivas.
Seguir lendo
Nova Xeira do Instituto de Estudos Miñoranos
Posted in Val miñor with tags Instituto de Estudos Miñoranos, Senderismo, Val miñor on 13/07/2009 by apeneiradovalminhorContinúan as Xeiras que organiza todos os anos o Instituto de Estudos Miñoranos. A proposta de hoxe volve ás rutas de sendeirismo.
Trátase dun percorrido de sendeirismo no que visitaremos algúns dos ecosistemas máis típicos da zona. Acadaremos unha pequena meseta que nos mostra dende Paredes de Coura en Portugal, o val do Miño ata o Tegra polo sur, polo oeste e noroeste unha visión a cualificar do Val Miñor, Rías de Vigo, Arousa,…as illas Estelas, Cíes, Ons ,…e revisaremos algunhas peculiaridades da vexetación da zona.
Ruta de sendeirismo circular por Peitieiros e Morgadáns
Mércores, 15 de xullo de 2009
Hora: 17,30
Saída do Local do IEM (Aula de Cultura Ponte de Rosas. Avda da Feira, 10. Gondomar)
Guías: Antonio Lago e Xosé Ramón García
Cacerolada contra a Moción de Censura en Gondomar
Posted in Gondomar with tags Gondomar, Moción de Censura on 06/07/2009 by apeneiradovalminhorComunicado de Prensa da Oposición de Gondomar
Posted in Gondomar with tags Gondomar, Moción de Censura on 06/07/2009 by apeneiradovalminhorOs plenos ordinarios de xuño e xullo
Os grupos da oposición de Gondomar manifestan ante os medios de comunicación o seu malestar ante o que consideran “a última perversión de Antonio Araúxo como alcalde”. Así, en relación aos plenos ordinarios celebrados esta semana, a oposición de Gondomar reafirma a súa postura e manifesta que “unha vez convocado un pleno extraordinario para o debate dunha moción de censura non ten sentido ningún convocar un pleno ordinario, e moito menos dous”. PP, PSOE e MoveGondomar recordan que o pleno celebrado onte, tíñase que ter celebrado o primeiro xoves do mes de xuño, e “non na mesma semana que o de xullo, sen convocar ningunha comisión informativa, tarde, mal e arrastro, seguindo a tónica xeral dos últimos anos”. En opinión da oposición estes plenos non son máis que “un teatrillo para que Antonio Araúxo exprima o seu victimismo ata o final”.
III Festival Folclórico Internacional de Nigrán
Posted in Nigrán with tags III Festival Folclórico Internacional de Nigrán, Nigrán on 06/07/2009 by apeneiradovalminhorA Concellaría de Cultura que dirixe o nacionalista Anxo Valverde Pino, quere informar aos medios de comunicación social que dentro da Programación Cultural de Verán 2009 para o martes día 7 de Xullo está programado o III Festival Folclórico Internacional ás 22:00 horas no antigo Campo das Redes de Panxón, actual aparcadoiro fronte as pistas polideportivas.
Seguir lendo
Programación Cultural Gondomar 2009
Posted in Gondomar with tags Gondomar on 06/07/2009 by apeneiradovalminhorO venres 24 de Xullo na Praza da Alameda de Gondomar, ás 22.30 horas o Concello de Gondomar da inicio a súa programación de Cultura para este verán 2009
Despois de facer unha complicada selección para artellar unha programación cultural variada e aberta a tódolos públicos de Gondomar para este ano 2009; a Concelleira de Cultura Dna Fátima Rodríguez Areal presenta a unha programación cultural no Concello de Gondomar ampla e variada.
Seguir lendo
Comezan as xeiras do Instituto de Estudos Miñoranos
Posted in Val miñor with tags Gondomar, Instituto de Estudos Miñoranos, Val miñor on 06/07/2009 by apeneiradovalminhorComo xa é tradicional o Instituto de Estudos Miñoranos organiza todos os veráns -este ano por oitavo ano consecutivo- unha serie de visitas-guiadas ou xeiras a distintos lugares de especial interese histórico, artístico, natural e paisaxístico do Val Miñor.
Seguir lendo
Xornada informativa: Novas tarifas eléctricas RD 485/2009
Posted in Gondomar with tags Gondomar on 03/07/2009 by apeneiradovalminhorO Concello de Gondomar e a Asociación de Comerciantes de Gondomar ( Achego) en colaboración coa Consultoria Enerxía e Sostibilidade, ofrecerán o vindeiro Luns 6 de xullo, ás 20,30h. no Auditorio Luis Tobío, unha parola informativa sobre as novas tarifas eléctricas RD 485/2009 que entraron en vigor o pasado día 1 de Xullo.
Ante a escasa información por parte das compañías eléctricas e falta de previsión das Administracións á hora de implementar este importante cambio, se informará aos consumidores sobre a repercusión da nova normativa nas facturas eléctricas, os requisitos para acollerse ao Bono social, e recomendacións á hora de contratar coas compañías comercializadoras.
Esta xornada vai dirixida a pequenas e medianas empresas, sen deixar de lado aos consumidores domésticos, posibles beneficiarios da tarifa reducida (Bono social).