Os veciños do Casco Histórico de Baiona terán vantaxes no aparcamento

baionacasco.jpg 

O alcalde e a empresa concesionaria asinaron o acordo

O Concello de Baiona ven de asinar un Convenio coa empresa concesionaria do Aparcadoiro do Aral para facilitar que todos os veciños que viven no casco histórico poidan aparcar en dita instalación pola metade dun abono mensual. Este Convenio é anual e prorrogable automaticamente ano a ano. Na oficina de información ó cidadán (planta baixa do Concello) se informará de calquera dúbida que poida xurdir, se dará un prazo dun mes para facela reserva no Concello.


Ademais Sofranda emitirá tickets desconto para o uso do Aparcadoiro do Aral de media hora con carácter gratuíto e procederá á distribución dos mesmos entre tódolos establecementos abertos ó público no casco urbano de Baiona que se adhiran a este acordo, debendo levar una contabilización de los emitidos y recibidos por establecemento ós efectos de informalo Concello de Baiona.
Tamén existe un acordo cos comerciantes para dala media hora gratuíta, acumulativa ata a hora.
O numero máximo de tickets desconto acumulables para ser utilizados nun só pago será de 2, con un máximo de 1 hora de aparcamento gratuíto.
O presente acordo comezará a poñerse en marcha a partir do día 1 de febreiro

Beneficiarios
Jesús Vázquez Almuiña, alcalde da localidade, estima que poderán beneficiarse desta medida “máis de 200 familias do municipio”. O aluguer das prazas terá unha vixencial inicial dun año, aínda que este prazo podería prorrogarse.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: