Medio Rural inviste máis de un millón de euros en actuacións para valorizar os usos do monte do Val Miñor

val-minor_suarez-canal.jpg

 

O conselleiro do Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, mantivo un encontro con representantes de Comunidades de Montes do Val Miñor para presentar as diferentes actuacións aprobadas polo seu departamento de cara a valorizar os usos do monte nesta zona, que ascenden a un total de 1.006.625,63 euros. Trátase dun conxunto de iniciativas encamiñadas, según indicou o conselleiro, “a acadar a mellora das condicións dos montes para o seu uso social e divulgativo, así como das súas condicións ambientais, a través da creación de espazos axeitados e instalacións e infraestruturas que aumenten as posibilidades do seu uso social e transmitan os valores que representan”.

Este conxunto de iniciativas inclúe nove proxectos dinamizadores de áreas rurais, dous estudos de valorización integral e multifuncional do monte, traballos de restauración e tratamentos silvícolas e actuacións produtivas –forestación de terras non agrícolas e plantacións de frondosas- e preventivas- limpezas, cortalumes e melloras de pistas-. Na súa intervención, o conselleiro destacou a importancia da implicación das Comunidades de Montes e Asociacións de Veciños da comarca e o seu papel destacado na participación nos programas de valorización integral e promoción da multifuniconalidade do monte. Dentro deste programa, Medio Rural ten aprobadas axudas para a Comunidade de Montes de Camos e para a Mancomunidade do Val Miñor para a realización de estudos sobre as potencialidades do monte e a planificación de accións de concienciación e divulgación dos seus usos. Neste sentido, Suárez Canal salientou “a importancia de fomentar os documentos de planificación da xestión forestal e de proxectos de valorización integral dos recursos forestais, estudando a necesidade de diversificar os produtos e servizos que se poden obter do monte, co fin de acadar unha mellora das producións e obter máis rendas baseándose na calidade e ordenación de ditas producións”.

En canto ás axudas aprobadas a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) para os nove proxectos dinamizadores de áreas rurais de Galiza, ascenden a 462.417,63 euros e comprenden catro proxectos en zonas forestais do concello de Gondomar –planta de compostaxe de biomasa forestal e xardinería; delimitación, conservación e posta en valor do Castro de Pedra Moura; recuperación de canteira; e zona arqueolóxica de auga de Laxe-, tres proxectos en Nigrán –posta en valor do xacemento arqueolóxico do Castro; asador merendeiro Monte Castelo; e recuperación de fontes públicas de Parada-, e dous proxectos en Baiona –centro de interpretación rupestre e posta en valor de petroglifos e calzada medieval-.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: