O alcalde de Gondomar recibe a Nilda Eloy, activista polos dereitos humanos en Arxentina

gondomar_nilda-eloy.jpg 

O Alcalde de Gondomar recibe a Nilda Eloy, activista polos dereitos humanos na Arxentina e dálle o  apoio a súa loita contra a impunidade dos asasinos que tanto sufrimento lle crearon a miles de arxentinos, moitos deles galegos, entre eles a unha veciña de Gondomar, desaparecida, Elsa Mesejo.

Esta militante dos dereitos humanos foi detida desaparecida no seu país, durante a ditadura arxentina, forma parte da Asociación ex Detidos Desaparecidos da Arxentina e na actualidade é a principal testemuña protexida do xuízo contra varios represores que se desenvolve na cidade da Prata. Ante as amenzas e intimidacións Nilda Eloy vive as 24 horas do día baixo protección policial, inclusive coa recomendación que utilizase chaqueta antibalas. O outro testemuña Xullo López, logo de testemuñar foi secuestrado fai máis dun ano, sen saberse nada do seu paradoiro.

A entidade que ela representa integrante do colectivo Xustiza Xa, xogou un papel moi importante na presentación das querelas presentadas pola Federación de Asociacións Galegas polos desaparecidos galegos na arxentina.

O motivo da súa xira por España é informar sobre a situación dos xuízos que se están desenvolvendo na arxentina, as querelas presentadas polos galegos desaparecidos e as actividades pola memoria histórica que se están desenvolvendo.

Nilda Eloy é descendente de asturianos orixinarios da Caridade zona limítrofe con Galicia. Durante o seu cativerio paso por distintos campos de concentración. Foi detida e secuetrada na Prata durante o operativo que paso en chamarse “A noite dos Lapis” onde foron secuestrados e asasinados varios estudantes secundarios que reclamaban a creación do “Boleto estudantil”.

Nilda Emma ELOY

Nacida o 22 de febreiro de 1957, na Prata, Arxentina.
É integrante da Asociación de Ex Detidos Desaparecidos. (A.E.D.D.)
Foi secuestrada o 1ro de outubro de 1976, permanecendo durante 11 meses en 6 Centros Clandestinos de Detención (A Cacha, Pozo de Quilmes, Pozo de Arana, Vesubio, O Inferno e Comisaría Valentín Alsina. Desde o 22 de agosto de 1977 ata principios de 1979, estivo detida no Cárcere de Vila Devoto, a disposición do Poder Executivo Nacional, é dicir sen causa xudicial algunha.
É querellante nos xulgados da súa cidade na mega causa “Camps” e nas causas emanadas da mesma. Nas causas que se abriron por Centro Clandestino de Detención como as de: “A Cacha”, “Brigada de Investigacións”, “Comisaría 5ta”, “Posto Vasco”, etc..
Noutros xulgados, é querellante na mega causa “1º corpo de Exército” e nas causas que dela se derivan.
Como integrante da Asociación de Ex_Detidos Desaparecidos, é querellante ademais destas causas, na mega causa “Esma” e as súas derivadas, na mega causa “Campo de Maio”, así como en diferentes causas no interior do país.
Así mesmo, como representante da Asociación de Ex_Detidos Desaparecidos, participa no “Xuízo pola Verdade”, que desde 1998 leva adiante a Cámara Federal da Prata.
Dentro da labores que desenvolve no A.E.D.D.está a confección de Traballos de Recompilación de Datos (T.R.D.) os que serviron para abrir diversas causas e da riqueza documental dos mesmos, foron aceptados como proba tanto nas causa en primeira instancia como nos xuízos orais.
No persoal, traballa na Comisión Provincial pola Memoria, organismo que ten ao seu cargo a xestión do Ex Arquivo da Dirección de Intelixencia da Policía da Provincia.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: