Condenan ao agresor de Manuel Pereiro a cinco meses de prisión

gondomar_agresion.jpg

 

Mediante setenza 26/2008, o xulgado do penal nº2 de Vigo, acaba de condenar a Manuel González Rodríguez como autor dun delito de lesións coa pena de prisión de cinco meses e a que indemnice a Manuel Pereiro Pérez coa súa suma de 6865 euros , mais o xuro legal dende a data desta sentenza, e o pagamento das custas, incluído as da acusación particular.  Así o explicou onte en rolda de prensa o grupo nacionalista de Gondomar entre os que se atopaba o agredido.

Dedúzase testemuña desta sentenza , do acto do xuízo, do atestado e remítase o xulgado Decano para o seu reparto por si a conducta da testemuña José Fernando Lorenzo Martínez puido ser un delito de falsa testemuño. Esta sentenza é susceptible de recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra.

Estes feitos refirense a agresión sufrida polo concelleiro de Gondomar Manuel Pereiro , o 9 de febreiro de 2006 nunha finca nas proximidades do seu domicilio en Vincios onde se estaban realizando tarefas de aterramento ilegal. “A consecuencia da puñada recibida o noso compañeiro Manolo Pereiro tivo una erosión na rexión temporal dereita, unha rotura da membrana tempánica dereita, erosións nos ombreiros e contusión e erosións na rexión peitoral esquerda, tardaron en curar estas Lesións 191 días deixándolle unhas secuelas consistentes nun acúfeno no oido dereito e unha hipoacusia mixta do 21% no mesmo oído”, explican dende o concello de Gondomar.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: