Gondomar ten alcaldesa por primeira vez na súa historia

A concelleira de Igualdade e Asuntos Sociais María Luisa Varela Nogueiras é dende este sábado a primeira muller da historia de Gondomar en converterse en Alcaldesa, debido a que o alcalde Antonio Araúxo delegou nela para tomarse un máis que merecido descanso, xa que o traballo no Concello de Gondomar e frenético con números proxectos en marcha que faran desta Vila un lugar cunha maior calidade de vida. Dende os seus inicios na política o seu traballo sempre estivo encamiñado a traballar na defensa dos dereitos das mulleres e dos máis desfavorecidos, formou e sigue a formar parte de diferentes colectivos feministas que loitan pola iguladade da muller, o seu compromiso e bo facer fixeron que a militancia do BNG depositase nela toda a súa confianza para esta tarefa; e xa no anterior mandato na oposición era a responsable do grupo municipal do BNG en dita área. Hoxe xa con funcións de goberno segue a traballar con gran acerto en todo aquilo polo que traballou ao longo da súa vida política, o seu traballo xa está a dar os seus primeiros frutos, así xa se inagurou en Gondomar un Centro de Igualdade e Benestar, traballa na posibilidade de dotar a Gondomar cun Centro Social para maiores e un Centro de día, así coma noutros proxectos. En Gondomar grazas aos logros de María Luisa, hoxe a muller da un paso máis para reivindicar o seu papel na sociedade.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: