Día Mundial do Teatro en Gondomar

gondomar_-teatro.jpg 

O Concello de Gondomar, a traves da Concellaría de Cultura, celebrará, un ano máis, o Dia Mundial do Teatro, entregando o Premio Roberto Vidal Bolaño de 2008, que este ano recaerá sobre a compañía ANCORA PRODUCCIÓNS e os seus codirectores, Anxela Abalo e Gustavo Pernas
 
O sábado 29 de marzo,  a partir das 22:00 horas, a compañía ANCORA PRODUCCIONS, codirixida por Gustavo Pernas e Anxela G. Abalo, recibirá o premio “Roberto Vidal Bolaño” de teatro do Concello de Gondomar,  pola súa notable contribución ao teatro galego e polo seu vencello coa cultura de Gondomar e coa Mostra de Teatro “Roberto Vidal Bolaño”, que se celebra todos os outonos en Gondomar.
 
Despois da cerimonia de entrega do premio, a cargo do Alcalde Xose Antonio Quintas e a concelleria de Cultura Fátima Rodríguez,  ANCORA PRODUCCIÓNS  porá en escea para o público do Auditorio Lois Tobío, a súa última obra: Medidas preventivas. Esta obra, escrita por Gustavo Pernas, acadou o premio AELGA (Asociacion de Escritores en Lingua Galega) do 2007 como mellor libro de teatro.
 
 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: