O concello de Gondomar acollerá a cinco nenos saharauis este verán

gondomar_nenos-saharauis.jpg
O Concello de Gondomar en colaboración coa asociación Solidariedade co Pobo Saharaui vai participar no Programa “Vacacións en Paz” que consiste en acoller en familia a nenos /as entre 7 e 13 anos durante os meses de verán.Estes nenos/as viven en camppamentos de refuxiados en Arxelia e acollelos e un xeito de manifestar solidariedade co seu pobo e axudar a difundir a situación que está a padecer o pobo saharaui e o esquecemento da súa situación por parte da comunidade internacional.

O Concello de Gondomar quere traer a 5 nenos/as este verán.As familias interesadas deben pasar polos locais de Servizos Sociais situados no baixo da casa da Cultura de Gondomar ou chamar ao tfno:986360168

As familias acolledoras deben comprometerse a manter aos nenos durante o tempo que os teñan en acollida,acompañalos  ás revisións médicas,e deben ter moi claro que non se trata de adopcións,ao remate do verán os nenos volven coas súas familias.

“Animamos a participar neste programa que pola experiencia de familias que xa o fixeron é moi satisfactorio”, din dende o concello.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: