Un libro CD lembra a Vota dos 9

gondomar_volta-dos-9.jpg 

:: Neste libro-CD-DVD ofrécese unha seitura realizada, con cariño e xenerosidade, por preto de medio cento de persoas baixo a coordinación do INSTITUTO DE ESTUDOS MIÑORANOS ::

 O quince de outubro, 1936, na saída de Baiona cara a Baredo, na altura da Bombardeira, nove veciños do Val Miñor son asasinados nunha máis das cruentas matanzas que naqueles meses asolaron o noso país nunha guerra de exterminio planificada. A memoria das súas mortes escribiu unha das máis fermosas páxinas de resistencia. Durante décadas mans anónimas e populares riscaron sobre as areas da beira da estrada nove cruces, realizadas cun trazo de urxencia. O lugar sería dende aquela coñecido como A
VOLTA DOS NOVE.

En outubro de 2005, sesenta e nove anos despois, o INSTITUTO DE ESTUDOS  IÑORANOS (IEM) e a Comisión de Familiares promoveu a realización dunha homenaxe escultórica no mesmo lugar dos feitos. Unha árbore fundida en bronce rodeada de loureiros, a árbore dos heroes, é o bosque escultura que ideou FERNANDO CASÁS para a ocasión.

 O proxecto musical de ANTÓN SEOANE foi madurando entre nove mortes e nove ondas de vida para ofrecerlles esta obra musical na que a voz de PILOCHA recupera textos de MÉNDEZ FERRÍN e dalgún dos poetas que participaron no proxecto artístico que ao abeiro do BARCO DA MEMORIA se fixo realidade en Baiona, en xullo de 2006.

 Nove pintores: ARMANDO GUERRA, PEPE MANTILLA, CAINO VASCONCELLOS, IVÁN MORILLAS, ANTONIO QUESADA, JUAN BELLAS, ALFONSO  SOLIÑO RONCOSO, CLAUDIO MASEIRO e FINO LORENZO; nove visións fotográficas do monumento: ROSANA ESTÉVEZ, CÉSAR LÓPEZ, ÁNXELES BOUZÓ, ADRIÁN ESTARQUE MARX, ANDRÉS FRAGA, CRUZ JUÍZ, J. DANIEL GONZÁLEZ OTERO, ALFONSO SOLIÑO TRONCOSO e ANTONIO SOLIÑO TRONCOSO e nove voces poéticas: MARTA DACOSTA, XOSÉ Mª ÁLVAREZ CÁCCAMO, GONZALO NAVAZA, ANXO ANGUEIRA, ALFONSO ÁLVAREZ CÁCCAMO, MIGUEL ANXO MOURIÑO, RAMÓN CARIDE, FRAN ALONSO e SABELA B. IÑARREA teceron tamén esta obra colectiva na que quixemos xuntar Arte e Memoria sabendo que a Arte é Memoria.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: