A regularización e ampliación da Pasaxe creará 1.500 novos postos de traballo

gondomar_teresataboas_031.jpg 

:: María Teresa Táboas anunciou que o proxecto sectorial estará redactado no mes de setembro ::

A consellería de Vivenda e Solo que dirixe a nacionalista Teresa Táboas, vai levar a cabo a ordenación e urbanización do Parque Empresarial da Pasaxe, o qeu permitirá a moitas das empresas alí instaladas regularizar a súa situación actual, e ademais contar cos servizos e infraestructuras propias dun parque empresarial do século XXI. Amais ampliarase a superficie de solo productivo en 300.000 metros cadrados, co que se poderían xenerar 1500 novos empregos.

Para que isto sexa posible, e dada a situación urbanística deste actual asentamento de empresas, a consellería redactará un proxecto sectorial de incidencia supramunicipal. Táboas anunciou en Gondomar que espera que a redacción estea lista xa no mes de setembro para iniciar xa a tramitación administrativa.

Táboas asinou xa o protocolo de colaboración co alcalde, Xosé Antonio Araúxo, e co presidente dos empresarios, Antonio Iglesias, para levar a cabo esta importante actuación.
“Este proxecto nos permitirá ordenar e dotas das necesarias infraestructuras e servizos á Pasaxe, e ao mesmo tempo crear 300.000 metros de solo empresearial como amplñiación desa área que, por suposto, contará con todos os servizos e infraestructuras”, salientou Táboas, quen cualificou esta proposta de “ambiciosa e responsable” xa que permitirá dar unha solución á situación de desorden urbanístico actual e, ademais, ampliar a oferta de solo productivo, “con todos os servizos e infraestructuras para as empresas” nunha área de elevada demanda como é a zona de influencia de Vigo.

Tras a sinatura do protocolo, a conselleira nacionalista explicou que se dará unha participación activa na elaboración do proxecto sectorial aos representantes da Asociación de EMPRESARIOS, da Xunta de Propietarios dos Terreos e da Comunidade de Montes.
“Tanto a consellería como o concello temos como criterio que o Parque sexa un modelo de xestión e coordinación das distintas Administracións públicas en orden a regularizar e ordenar situacións urbanísticas nacidas ao marxe do planeamento e aos efectos de dotalas de condicións de sustentabilidade urbanística ambiental compatibles”.

O investimento nesta actuación ascende  193.475 euros, dos que a Consellería aporta o 80% e o concello o 20 restante.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: