BNG e PSOE rompen as negociacións de pacto en Gondomar

O Partido Socialista de Gondomar por medio dos membros da mesa negociadora encargados de levar a cabo as conversacións co BNG, as cales deberían plasmarse no acordo de goberno para o Concello de Gondomar, queren denunciar publicamente a rotura das negociacións unilateralmente por parte do BNG.

Esta denuncia pública baséase, aseguran os socialistas Teresa Pereira e Manuel Gómez, “na total falta de interese demostrada reiteradamente polos membros de Partido que está gobernando en minoría o Concello de Gondomar”.

A principios do mes de xaneiro, explican os socialistas, reemprendéronse as conversas encamiñadas a lograr a maioría de progreso que se reflexou nas pasadas eleccións Municipais do 27 de maio. Esta
prosecución das conversas prodúcese despois do envio por parte de Partido Socialista dun Burofax instando ao BNG.

Estas últimas negociacións foron suspendidas unha semana antes das Eleccións Xerais, quedando sobre a mesa o compromiso serio e formal do BNG de chamar ao PSOE despois dos comicios. “Transcorrido un mes entendemos que o BNG non está interesado en formar goberno co Partido Socialista, en realidade temos o convencemento de que nunca tivo intención algunha de chegar a un pacto de goberno, simplemente acudía ás negociacións co afán de enganar á opinión pública, primeiro manipulando ao pobo rompendo as negociacións por falta de espazo para o Partido Socialista no Concello, que curioso, en estas segundas conversacións xa había oficina para o PSOE, agora o problema está no reparto de funcións o PSOE reclama un 45% en todo caso non menos do 40% do goberno e o BNG pretende de forma totalmente intransixente que traguemos cun 30% do goberno, o PSOE non ten especial interese en ningún área de goberno o único que pide é que súas concellerías teñan unión entre sí”.

Denuncian que “os máximos opoñentes ao pacto de gobernos son o Responsable Local do BNG José Valverde e o propio Alcalde Antonio Araujo, un manifestando que o pacto se producirá se o quere e o outro mintiendo repetidamente á opinión pública a través dos medios de comunicación manifestando que o pacto chegará máis ben pronto que tarde, ao mesmo tempo que en privado di que o non pinta nada nas negociacións, parece non querer lembrar que el é Alcalde de Gondomar con nove votos”.

O Partido Socialista de Gondomar traballará desde xa, na oposición, “polo ben dos veciños desta vila que esta sufrindo unha tremenda parálise pola incompetencia do goberno municipal, só preocupado en crear alarma social, sen ter interese nin capacidade para resolver as graves problemas que padecen os veciños de Gondomar”.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: