Anxo Angueira presenta este venres o seu poemario no auditorio Lois Tobío

O Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) e a concellería de Cultura do Concello de Gondomar anuncian a presentación do poemario de ANXO ANGUEIRA ‘Fóra do sagrado’ (Xerais, 2007) que terá lugar o venres 18
de abril de 2007 ás 20:30h. no AUDITORIO MUNICIPAL “Lois Tobío”.

Fóra do sagrado de Anxo Angueira, é un poemario  constituído por un único poema que ten como fondo un canto a Vigo, ó  Vigo real, fóra do sagrado, un lugar de extramuros. Un retrato  centrado na fisionomía e na
deformidade da cidade, que na poética de  Angueira se converte nunha beleza mergullada na memoria, nun canto en que as cores grises e metalúrxicas da cidade aparecen espidas de  artificios. E Vigo, co seu mar e o seu monte, coas parroquias e  aldeas, é aquí capital cultural, literaria e política. Unha cidade  cosmopolita onde conviven as morruncheiras do Berbés cos cabalos do  monte de Marcosende, as dornas da ría e os transatlánticos literarios.

A súa presentación é un acto poético-musical e plástico no que Anxo  Angueira recita acompañado da guitarra e das cancións de Leo e  Arremecághona e da percusión de Aser Álvarez sobre un enorme mural do
Xoán Carlos e Xosé Luís de Dios no que estes representan unha imaxe do  Berbés.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: