O BNG denuncia a actitude da ELM de Morgadáns

O Bloque Nacinalista Galego de Gondomar  denuncia “a actitude hexemónica e patrimonial da Entidade Local Menor de Morgadáns  por parte de seu  Presidente,   ao cabo   do Partido Popular”.

Din os nacionalistas que o presidente da Entidade Local Menor de Morgadans,  “ven incumplindo absolutamente os acordos plenarios que el mesmo aprobou”.  En particular, argumentan, “pospón ao seu antollo os plenos que obrigatoriamente debe convocar e presidir  bimensualmente”.

A Entidade Local Menor de Morgadans, estableceu por acordo plenario, e cos votos a prol do PP  o compromiso de levar a cabo un pleno bimensual, coincidindo no último venres do mes que corresponda. Concretamente,  este último pleno que habería de celebrarse o pasado 28 de marzo, foi posposto por coincidir festividade local en Vigo aplazandoo para o día 4 de abril.

Novamente e  unha vez convocado, e coa Orde do Día,   foi suspendido a destempo,   “con argumentos iguais de banais  e  sen que a data de hoxe houbese sido convocado novamente”, aseguran dende o BNG.
Isto conleva  a que ás mocións achegadas polo BNG para ser debatidas no Pleno, mesmo non sexan incorporadas a Orde do Día,  “evitando deste xeito o traslado  do seu contido a cidadanía,  o que lle orixina un indubidable  menoscabo aos seus Dereitos máis elementais”. Din dende o BNG que estas “manobras” abalan a súa hipótese “xa que  denotan que realmente  obedecen a  outras cuestións das que posiblemente o PP  non estea en disposición de dar a debida conta”.

“Dende o BNG queremos facer pública denuncia da xestión partidista que se está facendo da Entidade Local Menor de Morgadans, por parte dos seus máximos responsables,  do Partido Popular,  quenes atendendo exclusivamente  a súa afinidade política, manexan  seu antollo a Entidade”.

Xosé R. Valverde Rodríguez esixe ao máximo responsable da Entidade Local Menor de Morgadans, que “xestione o Ente  con eficacia e ortodoxia,   respectando  ós dereitos da Cidadanía  así como  os do  resto da Corporación,  por encima dos seus propios intereses políticos  e axustándose á lexislación vixente”.

Advertisements

3 Respostas to “O BNG denuncia a actitude da ELM de Morgadáns”

  1. Hai moitos mais exemplos de hexemonía,pero en todo caso aquela parece a finca particular do PP.Pobres veciños que deus nos colla confesos.

  2. PATRICIA Says:

    os do bloque xa me estan cansando!!!!!!!!!!!!
    VIVA O PARTIDO POPULAR!!!!!!!!!!

  3. PATRICIA Says:

    VIVA O PARTIDO POPULAR!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: