O PSOE de Gondomar pide que se constitúa o Consello Escolar Municipal

José Carlos Cabaleiro González, pide ao concello de Gondomar que se contitúa, no prazo máximo dun mes, o Consello Escolar Municipal.

 Di o voceiro socialista que, case concluído o presente curso, “asistimos con bastante estrañeza á falta de interese que demostra o goberno municipal nun tema que cando era oposición esgrimía constantemente contra o goberno anterior”.

O Partido Socialista non entende o desinterese que parece mostrar agora o BNG nun órgano que debe de servir como nexo de comunicación entre a comunidade educativa e o goberno municipal.

Son moitas as persoas, din os socialistas, que manifestan o seu malestar polos problemas que xorden constantemente no contorno educativo dos mozos de Gondomar e que reclaman a constitución dos órganos de consulta e decisión que a lei lle outorga ao goberno municipal.

Cremos que un tema tan importante como o educativo non se debe de usar como arma de confrontación política, os problemas do ensino deben unir aos grupos políticos na busca consensuada de solucións que acheguen melloras que contribúan a unha boa calidade de ensino”.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: