Vivenda e Solo licita por 500.000 euros a contratación dos proxectos sectorial e de urbanización do parque empresarial da Pasaxe

:: A Consellería xa remitiu ao Diario Oficial da Unión Europea (DOUE) o anuncio da convocatoria do concurso público e as empresas interesadas poden presentar as súas propostas ata o 18 de xuño nas oficinas de Xestur Pontevedra ::

A Consellería de Vivenda e Solo, que dirixe a nacionalista Teresa Táboas, licita por 500.000 euros a contratación dos proxectos sectorial e de urbanización para o desenvolvemento do Parque Empresarial da Pasaxe no Concello de Gondomar. A Consellería xa remitiu ao Diario Oficial da Unión Europea (DOUE) o anuncio da convocatoria do concurso público, polo que as empresas interesadas xa poden presentar as súas propostas ata o vindeiro día 18 de xuño nas oficinas de Xestur Pontevedra (Praza Maruxa Mallo nº1, 1º, Vigo), sociedade pública adscrita á Consellería.

O orzamento de licitación inclúe tamén a redacción dos traballos técnicos previos             – parcelario, topográfico e xeotécnico –, así como a elaboración do Estudo de Sostenibilidade Ambiental, Impacto Territorial e Paisaxístico e un Estudo Arqueolóxico do ámbito. O prego de bases do concurso público, así como o contrato tipo e demais documentación, poderá consultarse en Xestur Pontevedra e descargarse da web www.conselleriavivenda.xunta.es. Trala adxudicación dos proxectos, a empresa contratada disporá dun prazo máximo de 5 meses para a súa elaboración.

Os proxectos desenvolveranse sobre un ámbito aproximado de 650.000 metros cadrados, o que permitirá ordenar e urbanizar a área xa existen e, ademais, ampliar a superficie con 300.000 novos metros cadrados de solo empresarial.

Protocolo de colaboración
Esta actuación en materia de creación de solo empresarial desenvólvese en base a un protocolo de colaboración asinado o pasado día 1 de abril entre a conselleira de Vivenda e Solo, Teresa Táboas, e o alcalde de Gondomar, Antonio Araúxo, co obxectivo de levar a cabo a ordenación e urbanización do actual Parque Empresarial da Pasaxe, o que permitirá a moitas das empresas alí instaladas regularizar a súa situación actual e ademais contar cos servizos e infraestructuras propias dun parque empresarial do século XXI.

Tal e como se recolle no protocolo de colaboración, na elaboración do Proxecto Sectorial darse unha participación activa aos representantes da Asociación de Empresarios de A Pasaxe, da Xunta de propietarios de terreos incluídos no ámbito do polígono de A Pasaxe, da Comunidade de Montes de Vincios, así como as diferentes administracións públicas. 

O obxectivo da Consellería de Vivenda e Solo é que o Parque Empresarial da Pasaxe sexa un modelo de xestión e coordinación das distintas Administracións públicas para regularizar e ordenar situacións urbanísticas nacidas á marxe do planeamento e aos efectos de dotalas de condicións de sustentabilidade urbanística e ambiental compatibles.

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: