O Instituo de Estudos Miñoranos (IEM) edita Crónica rimada de Baiona e o seu mar de Xosé María Álvarez Blázquez

 Neste ano no que a Real Academia Galega recoñece o inmenso labor cultural realizado ao longo da súa fructifera vida por Xosé María Álvarez Blázquez, dedicandolle o Día das Letras Galegas, o Instituto de Estudos Miñoranos quere sumarse aos múltiples recoñecementos que se lle están a facer por todo o país editanto un texto breve que Xosé María Álvarez Blázquez títulou Crónica rimada de Baiona e o seu mar que recolle a conferencia que o polígrafo tudense pronunciou no salón de Plenos do concello de Baiona en 1964. 

Baiona, tan favorecida por unha situación xeográfica extraordinaria que fixo dela unha vila coñecida e admirada dende os tempos máis remotos, tivo, ademais, o privilexio de que un escritor, un poeta, un investigador da calidade de Xosé María Álvarez Blázquez decidise nunha época incerta anterior ao 28 de marzo de 1964 pescudar as pegadas que deixou, no devalo do tempo baionés, a poesía universal, ese canto plural e harmonioso que eterniza o fuxidío tránsito humano.

Este privilexio callou, na data devandita, no regalo dunha preciosa conferencia da que sorprende tanto a perfección do gradual avance pola historia como o lirismo que a impregna, ou como a capacidade investigadora do autor.

Non sabemos cando se asentou no estro de Álvarez Blázquez a idea de ganduxar citas poéticas de todas as épocas para renderlle tan emotiva homenaxe a Baiona; o seu fillo Celso Álvarez Cáccamo está preparando a edición, en Laiovento,  dun volume de estudos en galego de seu pai e nas súas pescudas descubriu un recorte do xornal de Madrid “La Opinión” de 20 de agosto de 1886 no que Blanco Asenjo, en carta ao director, dá noticia, entre outras, da existencia dunha cita de Baiona nos versos de Milton. Celso pensa que este achado puido ser o xerme para a redacción do artigo “Baiona do Miñor, nos versos de Ariosto e Milton”, publicado en “La Noche” o 7 de xaneiro de 1950, e que á súa vez sería o antecedente da conferencia de 1964, despois de sometido a unha máis esmerada elaboración e enriquecido con novas achegas.

A conferencia péchase maxistralmente cunha cántiga popular, leonesa segundo a “Antología de Cantos Populares” de Fermín Irigaray (1954), que xoga co dito coloquial castelán “Arda Bayona” para facerlle un canto exquisitamente lírico ao amor erótico.

O xoves, 8 de maio, ás 20:30h. na Biblioteca Pública r/ Manuel Valverde nº 6 de Baiona terálugar a presentación pública desta Crónica rimada de Baiona e o seu mar coa que Xosé María Álvarez Blázquez agasallou á vila miñorana. No acto tomaran a palabra Miguel Anxo Mouriño, director da Sección de Filoloxía e Literatura do Instituto de Estudos Miñoranos que se encargou da edición e traducción así como do escritor e poeta Xosé María Álvarez Cáccamo, fillo do homenaxeado neste Día das Letras Galegas.

Intervirá tamén o Conxunto instrumental do CPI Covaterreña de Baiona dirixido polo profesor David Piñeiro que interpretará tres das pezas instrumentais que se recollen no CD Músicas de primavera que rematan de gravar e que estará no mercado a partir do día 15 deste mes.

O acto será conducido por Alicia López Pedreira, membro do Instituto de Estudos Miñoranos

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: