Tertulia do IEM co músico Xosé V. Ferreiros, membro de Milladoiro.

:: Será este venres ás 20.30h no Pazo Escola de Mañufe ::

O Venres, 9 de maio ás 20:30 no Pazo da Escola de Mañufe, Gondomar terá lugar unha nova TERTULIA DO IEM co músico e profesor Xosé V. Ferreirós. O convidado será presentado polo profesor, gaiteiro e vicerrector da U. de Vigo Iván Área.

 Ao remate do faladoiro, aberto ao público en xeral, haberá unha cea co noso convidado que terá lugar no mesmo PAZO DA ESCOLA de Mañufe, Gondomar. Para asistir á mesma e dado o limite de prazas compre facer a reserva correspondente ben no 680 644 490.

 Xosé V. Ferreirós andaba, nos comezos dos setenta, na compaña de Nando casal e Ramón García Rei percorrendo romarías, festas e teatros… do país, sempre en contacto cos vellos gaiteiros herdeiros directos da tradición: Os Campaneiros, os irmáns Garceiras, os Areeiras, os Rosales e un longo etcétera foron colegas, mestres e compañeiros. Formaban “Faíscas do Xiabre”, grupo de música tradicional nacido á beira do Ulla, en Catoira, quen deixaron un fermoso disco que deron en titular “In Memoriam”.

 Doutra banda estaban dous músicos que anos antes colleran a teima das sonoridades e instrumentos medievais. Naquela época a zanfona, a cítola, a ocarina, o freixolé converteron os seus pasos nunha especie de pelegrinaxe por Galicia adiante buscando quen as tiña, quen as facía, onde se podían atopar. Eran tempos non abondosos e a inquedanza era testemuña dunha realidade precaria, pero aínda así apostaron por emprender o camiño. Son Rodrigo Romaní e Antón Seoane. Froito do seu traballo naceu o disco “Milladoiro”.

 Logo sumouse Xosé A. Méndez e despois outros integrantes do actual Milladoiro.

 Nestes anos Pepe Ferreirós, a xeito de arqueológo da música, procurou nos interpretes tradicionais e nos cancioneiros composicións para actualizalas mantendo ese punto xusto entre tradición e modernidade que inspira a súa visión musical

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: