O Concello de Nigrán recibe 732.576,96 € da Consellería de Traballo para por en marcha o “Obradoiro de Emprego Nigrán II”

A Xunta de Galicia a través da Consellería de Traballo ven de aprobar o proxecto de formación-emprego “Obradoiro de Emprego Nigrán II” dirixido á contratación 36 personas maiores de 25 anos para a súa formación e ocupación profesional nas especialidades de carpintería (12 traballadores/as), albanelería (12 traballadores/as) e fontanería/electricidade (12 fontanería/electricidade).

Dito proxecto ten unha duración de 12 meses, dará comenzo o 30 de xuño de 2008 e foi realizado polos técnicos/as dos departamentos de emprego e urbanismo así como pola Unidade de Promoción e Desenrolo (UPD) da Mancomunidade de Municipios de Vigo. os/as traballadores/as contratados/as levarán a cabo as seguintes obras:

Rehabilitación da antiga Escola de Nenas, Camiño do Labrego s/n (Cean-Nigrán), para adicala a Centro Vecinal e Social da parroquia de Nigrán, lembremos que Nigrán é a única parroquia do municipio que non dispón dun local onde reunirse a veciñanza. Trátase dunha parcela de 238 m2 da que está ocupada coa edificación 115,30 m2. Reconstruirase a edificación de xeito integral e constará dunha saa principal multiusos, unha oficiña e dous baños.

Rehabilitación da vivenda unifamiliar “Casa do Conserxe no CEIP Humberto Juanes (Nigrán)”. A edificación está destinada a vivenda e divídese en recibidor, salón, distribuidor, cocina, baño e tres dormitorios. Dispón ademáis dun patio aberto ao que accédese dende o recibidor. A superficie total é 137,31 m2. O destiño da obra é a de vivenda do conserxe/a do CEIP Humberto Juanes.

Reforma das instalacións do “Centro Cultural de Cotros” (San Pedro da Ramallosa) situado na rúa Mestre don Xosé 27 ocupando parte dunha edificación aillada de planta baixa e alta. Instalarase fontanería e electricidade por completo así como calefacción; redistribuirase o espazo interno e a cociña destinarase a arquivo. O espazo a rehabilitar é de  96.74 m2 e completará un Centro Cultural no que xa se atopa a Escola de Cerámica Municipal.  

É unha responsabilidade dos gobernos municipais e así o plantexamos en Nigrán dende a chegada a Alcaldía a necesidade de que a administración local  participe en aquelas accións que conleven a formación e sobre todo ao emprego dos nosos vecinos, un goberno socialista foi o que fai xa 7 anos puso en marcha o primeiro proxecto de formación/emprego como foi o “Obradoiro de Emprego Nigrán I” e é de novo un goberno socialista o que co apoio da Consellería de Traballo pon en marcha un gran proxecto que contribuirá a formación e o emprego (os traballadores/as estarán contratados dende o primeiro día por parte do concello e por elo recibirán o 150 % do salario mínimo interprofesional) nun momento no que as perspectivas de emprego están máis estancadas a nivel mundial. O goberno de Nigrán non pode estar nin está ao marxe de esta “coyuntura”

Por outra banda cubrirá un obxectivo primordial tanto dende a Concellería de Urbanismo como da de Emprego como é a recuperación do Patrimonio Municipal e a súa utilización con fins municipais, sociais, culturais ou  veciñais. É completamente necesario `por en valor o noso patrimonio e esta é unha aposta clara e contundente e un primeiro paso de cara ao obxectivo de que nos catro anos de mandato Nigrán poida sentirse orgulloso do seu.

Polo tanto o Concello de Nigrán e as convcellerías de Urbanismo e Emprego a través do “Obradoiro de Emprego Nigrán II” porán en valor e reconstruirá un edificio que ata 1936 foi a Escola de Nenas de Nigrán (lembrar que en esos anos diferenciábanse as escolas masculinas e femeninas) e que se atopa en total abandono, condenado a súa desaparición; habilitarase unha vivenda para o conserxe dun colexio público de Nigrán e rematarase un conxunto, antigas escolas e vivendas dos mestres, en Cotros que xunto coa Escola de Cerámica convertirase nun centro cultural e dinamizador do barrio de Cotros en San Pedro da Ramallosa.  

A subvención recibida dende a Consellería de Traballo para o proxecto é de 732.576,96 € e o concello de Nigrán aportará 42.448,37 €, demostrase unha vez máis o compromiso das diferentes administracións co goberno de Nigrán e a capacidade de xestión por parte dun goberno que está a traballar co único obxectivo de velar polos  interes dos vecinos e veciñas de Nigrán con responsabilidade e sin demagoxias.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: