O Concello de Nigrán asinará un convenio coa consellería de Cultura por valor de 25.000 euros

A Concellaría de Cultura e Deportes dirixida polo nacionalista Xosé Lois Gutiérrez Soto quere anunciar a  próxima sinatura dun convenio entre o Concello de Nigrán e a Consellería de Cultura e Deportes  cun importe de 25000 euros .

Este convenio é o resultado das xestións realizadas semanas atrás entre o Concelleiro de Cultura Xose Lois Gutiérrez e o Director Xeral de Patrimonio Felipe Arias, departamento integrado na Consellería de Cultura e Deporte.

O obxectivo deste convenio ten como finalidade  a conservación e posta en valor do patrimonio cultural realizando unha sinalización adecuada dos elementos arqueolóxicos e os monumentos mais significativos colocando o pe de cada ún un panel cunha breve explicación do seu cometido, orixe , autoría…..Editarase tamén un tríptico e unha guía  explicativa cunha breve descripción do mesmo, e un plano da súa ubicación.

A Concellaría de Cultura e Deportes pretende con esta iniciativa reforzar e potenciar os intereses colectivos en materia cultural conservando, protexendo e difundindo os mesmos. Nesta liña de actuacións porase en valor o noso rico patrimonio arqueolóxico e monumental no que se atopan varios petroglifos, poboados da Idade de Bronce coma o castro de Navas en Priegue , unha factoría do século IV dedicada a creación de materiais de construcción e comercialización por vía marítima da época romana, resaltar a importancia da vila mariñeira de Panxón a traverso do seu arco xermánico (quizás suevo ?) a monumental ponte románica da Ramallosa xa no medivo, a casa de Suero Yañez na parroquia de Parada ou monumentos de recente creacion e inmenso valor arquitectónico como a igrexa de Panxón da autoría de Antonio Palacios entre outros.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: