O TSXG ratifica a impugnación do acordo plenario que anulaba a sentencia contra o PXOM do 97

:: O equipo de goberno pide unha “acción de responsabilidade” a todos os grupos políticos para que aproben mañá a delimitación de núcleos que permitirá conceder licencias no rural mentres non se redacte o PXOM ::

“É radicalmente inaceptable que polo pleno municipal se repoña un PXOM que xa ten desaparecido do mundo xurídico mediante anulación alcanzada en Sentencia”, afirma na súa resolución os maxistrados do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia J.C. Trillo, J.A. Antonio e J.M. Arrojo.

Esta sentencia, que aínda é susceptible de recurso de casación ante o Supremo, anula aquel acordo plenario tomado cos votos do PP  e PSOE no ano 2005, no que se pretendía obviar a sentencia do propio TSXG do ano 2001 que anulaba o Plan Xeral de Ordenación Urbana do 97.

Gondomar volve pois, a estar sen PXOM, logo de que entraran en vigor as medidas cautelares que impedían a concesión de licencias. Seguirá así a menos que no pleno de mañá se aprobe a delimitación de núcleos que permitirá conceder licencias no solo rural segundo a Disposición Adicional 2ª da Lei do Solo, asegura o alcalde da localidade. No solo urbano consolidado, é dicir, no casco urbano, xa se poden conceder licencias de apertura e contrucción (tan só de baixo e cuberta).

No caso de ser aprobado en pleno este cordo deberá ser remitido a dirección xeral de Urbanismo. De momento teñen todos os informes sectorais favorables.

Esta sería tan só unha medida colchón ata que chegue o novo Plan Xeral. O equipo de goberno, segundo informaron hoxe en rolda de prensa, leva traballando un ano neste tema, e nunha semana esperan poder presentar as bases para a contratación da redacción deste novo documento de ordenación urbana. Outra opción sería, como pretende a oposición, rescatar o plan do 2005, algo que o equipo de goberno rexeita xa que “hai que facer tantas modificacións que sería como empezar o plan de cero”. Ademais, apuntan, perderían a axuda da Xunta para a redacción do novo plan que ascende a 224.000 euros. Si se aproveitarán algúns estudos técnicos xa feitos nese plan, apunta o concelleiro Pauliño del Río.

“Mentres tanto pedimos a responsabilidade dos grupos de goberno para aprobar a delimitación de núcleos que, entre outras cousas, permitiranos conceder licencias de obra e apertura, ademais de por a disposición doutras administracións terreos para que fagan cousas en Gondomar”, apunta o alcalde, Antonio Araúxo, quen se referiu xa a pronta posta a disposición da consellería de sanidade dos terreos para a construcción dun novo centro de saúde.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: