O venres clausúrase o obradoiro sobre a muller na cultura árabe en Nigrán

Como remate do obradoiro sobre a muller na cultura árabe organizado pola Concellería de Benestar e Igualdade do Concello de Nigrán, que se está desenvolvendo durante todo o mes de maio en Nigrán a través da realización de talleres de cociña e danza árabes, o próximo venres 30, de 17.00h a 19.30h, no Centro Antena Municipal (Rúa Otero Pedraio, 52. Panxón), celebrarase un acto que contará coa presenza do Delegado en Galicia do Frente Polisario, en representación do pobo saharaui, no  que se levará a cabo a proxección dun documental con posterior charla debate, co que pretendemos continuar afondando no coñecemento desta cultura e en particular, da realidade das mulleres nos campos de refuxiados do Sáhara e nos países árabes do entorno. O acto está aberto á participación de toda persoa interesada e durante o mesmo, as persoas asistentes poderán degustar pratos típicos árabes, así como participar na cerimonia do té, tan típica desta cultura, o tempo que poderán visitar unha exposición fotográfica instalada para o efecto.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: