Gondomar acolle a exposición “O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción”

Do 4 ó 15 de Xuño a Casa da Cultura do Concello de Gondomar acolle a mostra “O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción”.

Con esta exposición o concello súmase á conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente. Os obxectivos son achegar á poboación e en concreto a comunidade educativa o fenómeno do cambio climático, as súas causas, a súa relación cos modelos de produción e consumo enerxético, e as respostas necesarias dende a acción individual e colectiva para facerlle fronte.  Tamén dar a coñecer as causas e os efectos do quentamento global , clarificar ideas erróneas ou sesgadas sobre este fenómeno , analizar criticamente a influenza das nosas actividades cotiás sobre o clima, concienciar da necesidade de cambiar os nosos hábitos para loitar contra os efectos do cambio climático e fomentar boas prácticas ambientais que contribúan ao aforro enerxético na escola e na casa .

A mostra consta do visionado dun audiovisual sobre as causas, os efectos e as solucións do quentamento global, Paneis explicativos e obradoiros ambientais, así como un caderno de actividades didácticas para os escolares.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: