Medio Ambiente investirá máis de 755.000 euros na adecuación, selado e clausura do vertedoiro de rsu do parque empresarial Porto do Molle, no concello de Nigrán

A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible investirá 755.014 euros na adecuación, selado e clausura do vertedoiro de residuos sólidos urbanos (RSU) do parque empresarial de Porto do Molle, no concello pontevedrés de Nigrán. O Consello da Xunta autorizou hoxe a colaboración  entre a administración autonómica e a local para a execución desta actuación.

Os traballos a realizar pasan pola excavación dos residuos existentes no vertedoiro actual, sito en terros propiedade do Consorcio Zona Franca de Vigo, no Parque Empresarial de Porto do Molle,  e o seu traslado a unha parcela de recepción, onde se procederá ao seu selado e ao control de lixiviados e gases. Con estas obras preténdese eliminar os riscos e efectos ambientais negativos producidos como consecuencia da actividade do vertedoiro.

A clausura do vertedoiro é unha actuación incluída no Programa de Rexeneración de Espazos Degradados do Plan xeral de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia, na que se establece a colaboración da Consellería de Medio Ambiente para desenvolver os mecanismos axeitados para acadar unha xestión sostible dos residuos urbanos nos concellos de Galicia.

O prazo de execución da obra é de catro meses.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: