O PP cre compatible a exposición pública do PGOM do 2006 e a creación dunha comisión de seguimento de tódolos grupos municipais

::  O Partido Popular de Gondomar presentou unha moción de urxencia para instar ao concello a retomar a exposición pública do PGOM do 2006, que foi rexeitada ::

O presidente do Partido Popular de Gondomar, Carlos Silva Mariño, comparte a posibilidade de por en marcha unha comisión de seguimento do PGOM do 2006, despois de que este fora o motivo polo cal o pleno rexeitase a recuperación da exposición pública do documento. Esta medida foi obxecto dunha moción de urxencia, presentada hoxe no pleno ordinario de Gondomar por parte do PP de Gondomar e rexeitada cos votos en contra do BNG e do PSOE.

Os socialistas argumentaron que, antes da súa exposición pública, o Plan debería de ser estudado por unha comisión de seguimento que valorase a viabilidade de retomar o plan ou non. O PP mantén que a única saída viable ao Urbanismo é recuperar o PGOM do 2006, de aí que non se opoña a esta comisión. Neste sentido, o voceiro popular cre que “é compatible a creación dunha comisión e o inicio simultaneo da exposición, xa que o que queremos e defendemos é a participación e a democracia para solucionar a paralización urbanísitca no noso municipio”. Por iso considera que “expoñendo o documento aos veciños, os cidadáns tamén poderán expoñer o seu punto de vista sobre o documento e facer as alegacións que consideren necesarias, algo que só poderán facer únicamente unha vez visto o documento”, asegura Carlos Silva.

O PP aposta por “dar plenitude de competencias á comisión, formada por tódolos partidos con representación na Corporación de Gondomar. Desta forma, crearíase un grupo de traballo independente, que velaría pola transparencia e a legalidade do proceso”, asegura. Carlos Silva va máis aló, e “revisaríamos os convenios urbanísticos susceptibles de sospeita, sendo obrigada a súa suspensión no caso de que detectemos calquera índice de ilegalidade”.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: