O Concello de Nigrán recibe 300.000 € da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia para a contratación de personal

:: A Concelleira de Emprego, a Socialista Purificación Leal Docampo, sinala que a xestión e a colaboración coa Xunta de Galicia fará que este mes incorpórense a plantilla de Nigrán 25 personas en Programas Cooperación e 43 no Obradoiro de Emprego Nigrán II ::

A Xunta de Galicia a través da Consellería de Traballo e cofinanciado polo Fondo Social Europeo ven de aprobar a subvención ao Concello de Nigrán de 300.000 € para a contratación de personal para diferentes programas.

Así o goberno de Nigrán verase beneficiado coa contratación de 11 Socorristas Federados para praias que, xunto cos membros de Protección Civil, encargaranse da vixiancia dos arenais de Nigrán durante os meses de verán. Dende o 15 de xuño ao 15 de setembro as praias de Nighrán contarán con este servizo subvencionado ao 100% pola Xunta de Galicia por un importe de 44.711.71€.

Durante os próximos 12 meses o Concello de nigrán disporá duna Brigada de catro personas para Limpeza e Desbroce, adxunta a Concellería de Parques e Xardíns, tamén financiada pola Consellería de Traballo e o FSE cunha cantidade de 55.621,92€.

Un/unha traballador/a de Técnico/a de Xuventude Ciclo Superior ocuparase de levar a cabo “accións docentes e didácticas na Concellería de Xuventude” durante os próximos nove meses. 

Tamén nos próximos nove meses a Concellería de Cultura e Deportes disporá de dúas personas gracias a contratación, a través dos programas de Cooperación da Consellería de Traballo, dun/ha animador/a sociocultural e un/ha animador/a para actividades físicas, técnico/a de deportes.

Un Ciclo Superior en Turismo levará a cabo o seu traballo en Nigrán nos próximos seis para realizar a obra ou servizo de “Animador/a Turístico” adxunto/a a Concellería de Turismo.

Durante os próximos 12 meses dous ordenanzas serán contratados tamén a través de este programa para traballar no Pavillón de Deportes e no Centro de Información a Muller (CIM).

Catro Peóns, adscritos a Concellería de Obras, serán tamén contratados durante 9 meses  subvención e completarán a cuadrilla de Obras que tan boa labor está a facer no ámbito municipal.

Por último, un/ha auxiliar administrativo completará estas 25 contratacións que levará a cabo o Concello de Nigrán no mes de xuño co fin de ofrecer un mellor servizo aos cidadáns e coa complicidade e colaboración da Xunta de Galicia.

É unha responsabilidade dos gobernos municipais e así o plantexamos en Nigrán dende a chegada a Alcaldía e dende a Concellería de Emprego que dirixe a Socialista Purificación Leal Docampo, a necesidade de que a administración local  participe en aquelas accións que conleven a formación e sobre todo ao emprego dos nosos vecinos. Co apoio da Consellería de Traballo pon en marcha un gran proxecto de emprego co que se contratarán a 25 personas desempregadas para levar a cabo diferentes obras no Concello de Nigrán. As administracións Locais non poden permanecer ao marxen nun momento no que as perspectivas de emprego están máis estancadas a nivel mundial.

A subvención recibida dende a Consellería de Traballo que cubre o 100% dos gastos de contratación é de 300.000 €, demostrase unha vez máis o compromiso das diferentes administracións co goberno de Nigrán e a capacidade de xestión por parte dun goberno que está a traballar co único obxectivo de velar polos  interes dos vecinos e veciñas de Nigrán con responsabilidade e sin demagoxias.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: