A Deputación de Pontevedra fai entrega de máis de 200 títulos a nove institutos Baiona, Gondomar, a Guarda, Nigrán, Tomiño e Tui

O deputado delegado de Cultura, José Juan Durán fixo entrega de máis de 200 títulos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación ós IES Primeiro de Marzo (Baiona); Auga da Laxe (Gondomar); Terra Turonio (Gondomar); A Sangriña (A Guarda); Val Miñor (Nigrán); Escolas Proval (Nigrán); IES Tomiño (Tomiño); San Paio (Tui) e ó IES Francisco Sánchez (Tui)

Esta actuación, englobada dentro da campaña de dotación de fondos bibliográficos ós centros da provincia que desenvolve o organismo provincial, ten por obxecto manter unha relación periódica entre a Deputación e os institutos e achegar ós profesores e alumnos as publicacións editadas pola institución provincial.

Dentro dos títulos doados pola institución provincial, compre destacar “Soutomaior en pinceladas”, de Feliciano Trigo Díaz, “Soutomaior 1700-1936. Aproximación á historia local”, de Luis Obelleiro, “Los caminos de la memoria”, de Valentín G. Carrera, “Castelao entre nós”, de Lino Pazos, “Mitos de fin de siglo”, de varios autores, “Darío Basso. Obra: 1986-1999”, de varios autores, “Fortalezas de la antigua provincia de Tuy”, de Jaime Garrido, “El tren en Galicia. Aproximación a la política del transporte ferroviario en Galicia”, de José Antonio Díaz Fernández, ou “Muíños nas terras de Redondela. Estudio etnolóxico dos muíños de auga”, de Miguel Ángel Abraira.

Outros títulos desta quenda son “A Cañiza”, de varios autores, “Álvaro Cunqueiro. 1911-1981”, de varios autores, “Valle-Inclán en el fin de siglo. Femeninas”, de Xaquín Núñez Sabarís ou “Peixes medievais”, de Xosé María Vila Ribadomar.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: