A consellería de Medio Ambiente e Europarc España inauguran o XIV congreso Esparc sobre conservación de espazos naturais e ecosistemas en Baiona

A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e a asociación Europarc-España  inauguran mañá en Baiona (Pontevedra) o XIV Congreso de ESPARC, centrado na conservación de espazos naturais e ecosistemas. O  congreso, que se desenvolverá ata o vindeiro día 22 de xuño, ten como obxectivo o intercambio de experiencias en cuestións relacionadas co patrimonio natural e biodiversidade, os retos de xestión da Rede Natura 2000, os compromisos internacionais en materia de conservación da natureza, entre outras.

A iniciativa está organizada por Europarc-España, sección española da federación do mesmo nome que reúne a organizacións dedicadas á conservación da natureza en Europa, e a Consellería de Medio Ambiente, coa colaboración da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño e o Concello de Baiona.

O conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Manuel Vázquez, e a conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, Carmen Gallego, interveñen mañá na inauguración do congreso, xunto ao alcalde de Baiona, Jesús Vázquez, e o presidente de Europarc – España, Jorge Bonnet.

Tras a inauguración, desenvolverase a primeira ponencia a cargo do catedrático de Ecoloxía da Universidade Autónoma de Madrid, Carlos Montes del Olmo. O xoves, o congreso centrarase nunha serie de talleres sobre as boas prácticas de conservación de hábitats e especies; espacios naturais, litorais e mariños; xestión da Rede Natura 2000; técnicas para avaliación da eficacia na xestión e conectividade ecolóxica. As sesións de traballo dos talleres desenvolveranse dende as 09,30 horas ás18,00 horas.

O venres estará centrado na presentación de experiencias por parte dos asistentes, nas que se abordarán cuestións como as áreas mariñas protexidas en diferentes rexións de España; plans de xestión dos LIC acuáticos; evolución de espazos naturais; consorcios de xestión de espazos naturais; planificación e xestión de espazos de interese local; agrobiodiversidade ou plans de conservación de diversas especies e hábitats. Entre os participantes atópanse representantes de comunidades como País Vasco, Cataluña, Cantabria, Valencia, Canarias, Asturias e Andalucía.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: