O concello de Gondomar fai unha valoración positiva do primeiro mes de funcionamento do punto limpo

Cumprido un mes da entrada en servizo do Punto Limpo de Gondomar, e sendo conscentes de que a utilización do mesmo polos veciños irá en aumento, o Concello fai xa unha primeira valoración que non pode ser máis  que positiva.

 O número de persoas que acudiron a depositar residuos foron cuarenta e cinco; acudiron de tódalas parroquias sendo maior o número, lóxicamente, das parroquias máis próximas: Vincios, trece, Chaín, 4, Peitieiros,5, Gondomar, 11, etc.

 Polo que fai aos residuos depositados van desde enseres e voluminosos, ata papel e cartón, pasando por aceites usados, pinturas, restos de poda, entullo, etc.

 Gracias a esta utilización podese ir comprobando como, pouco a pouco, van diminuíndo os residuos depositados incontroladamente en diferentes puntos, mália que neste aspecto haxa aínda moito que mellorar.

 Aproveitando a ocasión o goberno municipal recorda á poboación que o horario de funcionamento do Punto Limpo é: de luns a venres de 16 a 19 horas e os sábados de 10 a 14 horas, e que nos centros parroquiais dispoñen de exemplares do Regulamento de –funcionamento do mesmo no que poden consultar qué residuos, e en que condicións se poden depositar. Igualmente chamando aos teléfonos do Concello.

 Animamos aos veciños e veciñas de Gondomar a que se tomen a pequena molestia de acudir á instalación a depositar aqueles residuos que non teñen saída a través dos  coolectores verdes, azuis ou marelos. Poden facelo comodamente en coche ata o interior da instalación na que serán aconsellados polo responsabel do servizo sobre o uso de cada colector.

 Desta pequena molestia de cada un de nós, saírá un gran beneficio para o noso  concello do que poderemos presumir todos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: