Continuan as Xeiras do Instituto de Estudos Miñoranos

Continuando as Xeiras que organiza todos os anos o Instituto de Estudos Miñoranos, comezamos un novo tipo de saídas, atendendo a arquitecturas con especial interese no Val Miñor.

O vindeiro mércores, 9 de xullo, ás 17,30,

De Cadaval a Torres Méndez. Un paseo polos pazos de Nigrán

Saída da Casa do Concello de Nigrán

Os pazos son casas señoriais que, na súa maioría, datan dos séculos XVI, XVII e XVIII. Os seus donos eran maioritariamente fidalgos (baixa nobreza), aínda que a adquisición dun pazo foi unha maneira frecuente de acceder ao título, e aos seus beneficios, para algúns sectores enriquecidos (burguesía, militares, etc.). Unha institución relacionada cos pazos foi o morgado, que consistía en que certos bens deixados en herdanza non puideran ser vendidos polo herdeiro, que se vería obrigado a transmitilos intactos ao seu sucesor e así conseguíanse manter as grandes propiedades nobiliarias.     
As construccións pacegas teñen claras diferencias coas residencias da nobreza medieval, que eran de carácter militar (castelos, muros defensivos, torres ameadas…). Pola contra, os pazos son construccións civís (que responden a un cambio de papel na nobreza), aínda que manteñen algúns elementos decorativos: torre, remates ameados, brasóns, etc. que recordan o pasado.
Sobre as características destas construccións no caso do Val Miñor podemos falar dunha austeridade nas formas, ausencia de ornamentación, agás pola presencia de escalinatas de tipo monumental na fachada e grandes chemineas que son á vez funcionais e decorativas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: