Exposición en Morgadáns

O sábado 12 de xullo a partir das cinco da tarde poderase visitar a exposición “Morgadáns: Fotos antigas” organizada pola AC San Roque no local do Centro Cultural en San Roque de Morgadáns

  A Asociación Cultural “San Roque” de Morgadáns organizou unha exposición de aproximadamente 500 fotos antigas, a maioría delas de máis de 50 anos de antigüidade e algunhas cun alto valor técnico, artístico e etnográfico.

As fotos poderanse contemplar tanto na súa reprodución a gran tamaño (40 x 40)  e enmarcadas, como no tamaño orixinal así como mediantea proxección dixital de todas elas nunha pantalla a través dun power- point proxectado con canón de imaxe.

A exposición é o resultado dunha recollida de material fotográfico porta a porta entre os veciños da parroquia, que con enorme xenerosidade e desprendemento, puxeron nas mans da AC San Roque un material de moito valor, nomeadamente sentimental.

O obxectivo é dobre. Por unha parte, que a través das xornadas nas que vai estar aberta ao público a exposición, poidan os visitantes gozar duns momentos de grata lembranza, compartindo imaxes coñecidas ou descoñecidas e recordando momentos pasados; por outra parte, xuntar e conservar, facendo un pequeno banco de imaxes, un patrimonio de enorme valor, que de non facerse esta recollida, estaría en perigo de desaparecer.

A exposición ocupará o local da Asociación Cultural, no barrio de San Roque de Morgadáns.

Para a súa realización a AC San Roque contou coa colaboración da Concellería de Cultura de Gondomar, do Instituto de Estudos Miñoranos (IEM), da Entidade Local de Morgadáns e de Caixanova.

A exposición permanecerá aberta os días 12, 13,19 e 20 de xullo segundo o seguinte horario: sábados de 17:00h a 21:00h e domingos de 11:00h a 13:00h e de 17:00h a 20:00h.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: